Skip to Content

Entroido

OBRADOIRO ANTIFACES

O venres, aínda que non desfilamos, realizamos un pequeno obradoiro de antifaces na biblioteca do cole.

Como podedes apreciar nas fotos saíron obras moi divertidas e orixinais.

Ter en conta que @s nen@s viñeron en pixama como mandou o Meco e a pesar de todo non nos entrou o sono en toda a mañá!! 

Agora a rematar o Entroido o xoves co desfile!!!

  

ENTROIDO 2019

DESFILE ENTROIDO 2019

Este ano a celebración do Entroido en Guillarei muda de día! Lembrade, xoves 7 de marzo, ás 12:00h aprox!!

 

Contamos coa colaboración das familias para a posterior merenda con manxares típicos de Entroido como son: orellas, filloas, flores...

 

O alumnado de 6º será o encargado de traer as bebidas (zumes e augas).

O alumando de Infantil sairá dende o edificio de Primaria ao rematar a xornada.

 

Xa sabedes, o xoves rematamos o Entroido no cole de Guillarei!! Estades todas as familias convidadas!!

 

Se o tempo non permite facer o desfile no exterior trasladarase a celebración ao pavillón do centro.

ENTROIDO NA ESCOLA DE GUILLAREI CON MOITO ARTE

ENTROIDO NA ESCOLA DE GUILLAREI CON MOITO ARTE

O ENTROIDO OLÍMPICO

 

Entroido

Bos días a todos!!! Os nenos/as de 6º están a preparar O Meco, xa que o próximo luns comeza...a semana do Entroido!!! Así que xa sabedes, esta fin de semana ide sacando do faiado, as caretas, perrucas, disfraces,...

Entroido 2013

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut