Skip to Content

CABECEIRA

Letras Galegas

Regueifando con Lupe Blanco

Picando na seguinte imaxe, poderedes ver un resumo do obradoiro de regueifa que impartiu Lupe Blanco o pasado xoves. Que ben o pasamos e canto aprendemos! Moitas grazas pola visita!

 

 

LETRAS GALEGAS 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, recordando a figura de Antonio Fraguas. Asimesmo, contamos coa visita dunha das grandes regueifeiras de Bergantiños, Guadalupe Blanco, que axudou ao noso alumnado a crear as súas primeiras coplas populares galegas. Velaquí algunhas imaxes da actividade.

Nas vindeiras horas colgaremos os vídeos do obradoiro con Lupe Blanco, onde poderedes comprobar tanto o proceso de creación das regueifas do alumnado de Sofán, coma das diferentes improvisacións coas que Lupe nos sorprendeu. Ata tocaron muiñeira e rapearon regueifa!!! Non deixedes de velos.

VISÍTANOS MARÍA CANOSA

LETRAS GALEGAS 2018:

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e despois de ler os libros de María Canosa titulados Muriel e A Cazadora de Estrelas, recibimos a visita da autora, que nos contou moitas cousas relacionadas coa súa paixón pola escritura e á que tamén lle fixemos unha entrevista. Ao remate da sesión firmou moitos libros!!!

LETRAS GALEGAS 2016

Co gaio da celebración das Letras Galegas no noso centro, foron moitas as actividades que fixemos para homenaxear a Manuel María!!

 

Visitounos Manuel de Paderne e deleitounos con versos de Manuel María!!

 

Interpretamos "Caracol, caracoleiro" (interpretada por Suso Vaamonde e con letra do poema do autor homenaxeado) e uns compañeiros/as e grandes artistas tocaron e cantaron en galego!!

PREPARAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 4 ANOS.

Para conmemorar o día das letras galegas, adicado este ano a Xosé Filgueira Valverde , preparamos entre todos un mural con un bonito poema do autor.

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2015 NO GÁNDARA-SOFÁN

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2015, NO NOSO CENTRO LEVÁRONSE A CABO UNHA SERIE DE ACTIVIDADES A PROL DA NOSA CULTURA E DA NOSA LINGUA.

TRABALLOS REALIZADOS EN RELACIÓN CO AUTOR HOMENAXEADO NESTAS LETRAS (XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE).

 

EXPOSICIÓN NA AULA DE MÚSICA DE INSTRUMENTOS MUSICAIS E TRAXES TRADICIONAIS GALEGOS PARA COÑECER OS SEUS NOME E AS SÚAS DIFERENTES PARTES.

 

LETRAS GALEGAS 2015

Neste ano 2015, o día das Letras Galegas adicóuselle ao escritor e mestre Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Os nenos e nenas de Educación Infantil, dentro das nosas posibilidades, traballamos sobre o autor.

Grazas á xenerosidade de diferentes persoas, a mestra de Educación Musical mostrounos a todos e todas unha pequena selección de vestimentas e instrumentos musicais tradicionais de Galicia. Agora xa coñecemos como se chaman e cal é o nome das diferentes partes da vestimenta.

LETRAS GALEGAS

 

PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS... TODOS OS NENOS E NENAS DO COLEXIO TRABALLAMOS ACERCA DO AUTOR AO QUE SE LLE ADICAN ESTE ANO:

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

E NESTAS FOTOS PODEMOS VER OS RESULTADOS DOS DIFERENTES TRABALLOS DAS AULAS E AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL ENSINÁNDONOLOS!!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut