Skip to Content

CABECEIRA

Día da Paz

Plan lector. Día da PAZ

Xa está dispoñible na nosa canle de youtube o vídeo do Plan Lector do Día da Paz, no que, ademais da voz, empregamos a linguaxe de signos. Moitas grazas a Ricardo pola colaboración. Podedes velo premendo neste enlace.

E neste outro podedes ver a actuación do alumnado de 5º e 6º, que interpretaron Imagine, de John Lennon

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos no centro un Plan Lector conxunto con motivo da celebración do Día da Paz. Nel recitamos un poema-canción onde ademais da voz empregamos a linguaxe de signos que estamos a aprender co profe Ricardo ao que lle queremos agradecer a súa colaboración nesta actividade. Nas vindeiras horas publicaremos o enlace para ver os vídeos. Seguide, ata ese momento, desfrutando cos soños de paz do noso alumnado!!!

DÍA DA PAZ

Ola de novo,

Mañá conmemoramos o Día da Paz no centro. Estivemos informándonos sobre Denis Mukwege e Nadia Murad, xa que foron os que acadaron moi merecidamente o Premio Nobel da Paz 2018.

Asimesmo, recordamos a figura de Martin Luther King Jr. e a súa loita pacífica en defensa dos dereitos da persoas de raza negra.

Carreira solidaria Save the Children

 

Un curso máis, dende o Gandara-Sofán, levaremos a cabo a CARREIRA SOLIDARIA en favor da entidade SAVE THE CHILDREN. Terá lugar o próximo xoves 31 de xaneiro.

A través desta carreira solidaria pretendemos mobilizarnos e loitar para defender os dereitos dos nenos e nenas que viven refuxiados ou son vítimas de conflitos armados.  

PAREADOS DE PAZ

DÍA DA PAZ 2018, PAREADOS DE PAZ

Para conmemorar esta data o alumnado creou pareados en torno á temática da Paz que logo lemos nun plan lector conxunto.

 

FELIZ DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA A TOD@S!!!!

O 30 de xaneiro é o día da Paz e da Non Violencia. Este curso estivo adicado ao premio Nobel da Paz 2015 "Sociedad Civil de Túnez". Cada curso traballou algún aspecto dese país, a primeiro tocoulle a gastronomía e a segundo a vestimenta. O alumnado traballou moito e fixeron uns traballos excelentes. 

 

 

 

 

 

 

GRACIAS POLAS DONACIÓNS PARA ALIMENTAR A PAZ. 5 ANOS.

Dende o Gandara-Sofán queremos agrader as nosas familias as donacións de alimentos pola paz que se levou a cabo este mes de xaneiro. Moitas gracias a todos dende a aula de 5 anos. 

 

DÍA DA PAZ. COMO FESTEXAMOS EN 5 ANOS.

Celebramos o día da paz con todo o alumnado do centro. Cantamos e bailamos o "himno da alegría" e levamos a pomba da paz para dar gracias as familias que donaron alimentos para Cruz Vermella. 

   



by Dr. Radut