Skip to Content

CABECEIRA

Samaín

FESTA DE SAMAÍN

FESTA DO SAMAÍN/HALLOWEEN NO CENTRO

Como viñemos anunciando en días anteriores, celebramos a festa do Samaín o día os días 29, 30 e 31 con diversas actividades que xa fomos relatando.

Velaquí as imaxes máis destacadas da festa e do concurso de cabazas celebrados o día 31 de outubro:

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA SAMAÍN

Con motivo da celebración da festa do Samaín queremos recomendarvos algunhas lecturas moi interesantes para gozar destes días de festa:

3 DÍAS DE CELEBRACIÓN DO SAMAÍN&ALL HALLOWS´EVE

3 DÍAS DE CELEBRACIÓN DO SAMAÍN&ALL HALLOWS´EVE NO CENTRO

Con motivo da celebración da festa do Samaín ou Halloween (véspera de Todos os Santos), imos celebrar diversas actividades para conmemorar esta festa. Podes ver o resultado das mesmas no blog da biblioteca. Que pasedes unha boa ponte festiva and Happy Halloween!!!

O CEIP Gándara Sofán xa está engalanado para conmemorar esta data:

DÍAS DE SAMAÍN & ALL HALLOWS´S EVEN

2ª XORNADA DE CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Hoxe martes, levamos a cabo unha actividade moi interesante, divertida e creativa da man do Plan Proxecta, no que o noso centro está a participar dende hai varios anos. A actividade Educachef permitiu ao noso alumnado crear un prato moi especial relacionado cun personaxe típico desta festa: A Bruxa!!! O resultado foi delicioso:

DÍAS DE SAMAÍN & ALL HALLOWS´S EVEN

3 DÍAS DE FESTA DO SAMAÍN, HALLOWEEN

Comezamos a semana chea de actividades para conmemorar unha festa que ao noso alumnado lle encanta: O Samaín ou Halloween (véspera de Todos Os Santos).

Iniciamos as actividades cun plan lector conxunto onde visionamos unha curtametraxe de terror (titulada Os Paiasos Asasinos) e grabada polo antigo alumnado de 6º curso de Educación Primaria. Posteriormente, varios alumnos do actual 6º curso leron as súas historias de medo a todos os nenos e nenas do centro. Velaquí tedes algunhas imaxes:

DEFUNTO DELICIOSO

Seguindo co proceso de creación de poemas, con motivo da celebración do Samaín creamos o noso Defunto Delicioso, un poema moi terrorífico creado por todo o alumnado do Gándara Sofán!!!

 

MANUALIDADES SAMAÍN

 

Mostámosvos algunhas das manualidades que fixemos no Samaín. A que son terroríficas?

 

       

SAMAÍN 2015

Festa Samaín

Como todos os anos celebramos a festa do samain, fixemos manualidades, adornamos o cole e finalmente disfrazámosnos de personaxes de terrorrrr!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SAMAÍN NA AULA DE 3 ANOS

Neste primeiro trimestre, unha das festas que máis nos gusta celebrar é o Samaín!!!

Nela recordamos como os nosos antepasados despedían o verán para dar a benvida á estación invernal; e revivimos a creación de terroríficas cabazas para espantar ás almas que percorrían os camiños...!!!

Moitas grazas pola vosa colaboración familias!!!

E mirade algunhas fotos destes días!!

Distribuir contido


by Dr. Radut