Skip to Content

Celebracións

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017

O 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS COA ACTIVIDADE TITULADA:

A POESÍA É...

 

ESTA ÚLTIMA FOTO FAI REFERENCIA ÁS ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS DA NOSA BIBLIOTECA DO MES DE OUTUBRO.

 

MAGOSTO. CONCURSO DE PEÓNS.

Coa chegada do Magosto, ademais de comer moitas castañas, celebramos novamente o concurso de peóns. O gañador deste ano foi Bruno de 6º de primaria.

 

 Para ver máis imaxes ide á galería.

SAMAÍN 2017. CONCURSO DE CABAZAS.

Comezamos o curso 17-18 coa chegada do Samaín, e con el, o noso célebre concurso de cabazas. Os gañadores deste ano foron:

  • O grupo formado por: Bruno, Lucía, Samuel, Eloi, Aïsha e Antía gañaron o premio á cabaza máis orixinal.
  • E Iker Vázquez gañou o premio á cabaza máis terrorífica.

 

 

 Para ver máis fotos dese día accede á galería de imaxes.

ENTROIDO

ENTROIDO

O entroido é unha festa moi divertida, este curso ademáis dos mandadiños disfrazámosnos de espantallos, e gracias ás familias, degustamos dunha deliciosa merenda con filloas, rosquillas, orellas, biscoito e incluso en segundo con galletas que tiñan as iniciais dos nomes do alumnado. Gracias a tod@s.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DÍA DA POESÍA

Ao remate do segundo trimestre, decidimos conmemorar no centro o Día Internacional da Muller xunto co Día da Poesía.

Por iso, no Taboleiro da Lingua fixemos unha exposición conxunta adicada a Rosalía de Castro, exemplo galego de ambas conmemoracións!!

 

ENTROIDO 2016

Para recordar e homenaxear a Xosé Neira Vilas, no colexio decidimos basearnos na súa obra: "Memorias dun neno labrego" para celebrar o Entroido 2016.

Todos fomos disfrazados de labregos e labregas seguindo os mandadiños que cada día nos transmitían os nenos/as de 6º de E.P. polas clases. Tamén disfrazabamos ao esquelete "Manolito" como exemplo do que había que traer. 

 

Pasámolo moi ben e aprendemos moito!!!

 

ENTROIDO 2016 na clase de 4º E.I.

Ao longo da semana do Entroido, foron moitas as experiencias que vivimos...

Desta vez celebrámolo homenaxeando a Xosé Neira Vilas, trala súa morte e tomando como referencia unha das súas principais obras: "Memorias dun neno labrego"

Fómonos disfrazando de labregos/as pouco a pouco, segundo nos indicaban os mandadiños (e Manolito)...

ENTROIDO

 

O entroido 2016 estivo adicado a "Neira Vilas" e ó seu libro "Memorias dun neno Labrego". Todo o alumnado veu vestido para a ocasión e grazas á colaboración das familias,degustaron comida típica de entroido. Como todos os anos, o xoves pola tarde trouxeron disfraz libre e pasárono moi ben xogando.

 

  

 

 

  

NADAL NO TABOLEIRO DA LINGUA

Xa entrados no mes de decembro, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega decidimos poñer en marcha unha actividade consistente en "dar as grazas" de xeito anónimo a un ou varios amigos por algo bo  que tivesen feito por nós.

Para elo empregamos o Taboleiro da Lingua, no que cada quen podía escribir en plantillas con forma de "globo" o agradecemento que desexase.

Partimos do lema: "Grazas amig@ por..." e cada quen aportou a súa mensaxe.

Mirade o resultado!!

ESTAMOS MOI CONTENTOS COA ACOLLIDA DA ACTIVIDADE E COAS FERMOSAS PALABRAS QUE NAS MENSAXES PUIDEMOS LER!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut