Skip to Content

CABECEIRA

Celebracións

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CO CONTACONTOS "PEDRO BRANDARIZ"

Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero, visitounos no centro un contacontos moi especial: "Pedro Brandariz".

El mesmo se define como un "falabarato", pero contounos cousas moi interesantes.

Contounos unha gran historia sobre pantasmas e ogros na que deixaba ben claro o importante que é tratar ben ás persoas. Para facelo axudáronlle algúns dos nenos e nenas do cole.

Pero iso non foi todo, tamén nos contou un conto ben bonito sobre "Tres porcos" e amenizou toda a actuación con diferentes trucos de maxia e xogos visuais.

A nós encantounos e agardamos que nos visite sempre que lle apeteza!!

Mirade algunhas fotografías dese día!

"POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO"

 Como todos os anos en esta época, bailamos o peón no cole, facemos un concurso por clase, e os clasificados, compiten para un único gañador. En primeiro gañou Kevin e en segundo Nicolás, pero hai que felicitalos a todos e todas polo ben que o fixeron!!!!

 

 

 

 

CASTAÑAS!!!

MAGOSTO!!!!


Vaia festa!!! Gracias á aportación das familias e á colaboración de David, o alumnado disfrutou de ricas castañas!!!

 

 

 

 

 

 

QUE RICAS AS CASTAÑAS!!! 5ANOS

ESTE ANO O MAGOSTO COMEZOU DECORANDO UN POUCO OS CORREDORES DO COLE; CONTINUOU, COMA TODOS OS ANOS, ABASTECÉNDONOS DE CASTAÑAS GRAZAS ÁS FAMILIAS; DESEGUIDO TOCOU ELABORAR OS RECIPIENTES PARA GARDALAS, LOGO CHEGOU A HORA ASALAS (DISO ENCARGOUSE DAVID) E DE COMELAS (DISO ENCARGÁMONOS TOD@S)... PARA, FINALMENTE, XOGAR E XOGAR ATA ACABAR CHEÍÑOS DE TISNA!!!

COMO NOS GUSTA ESTA FESTA E ESTES SABOROSOS FROITOS!!

O DÍA DO PEÓN PARA OS NEN@S DE 5 ANOS

POUCO A POUCO ÍMONOS FACENDO EXPERTOS NO XOGO DO PEÓN, PEONZA OU BUXAINA!

ESTE É O TERCEIRO ANO QUE NOS TOCA PARTICIPAR E XA SE VAI NOTANDO A PROFESIONALIDADE!!

TODOS E TODAS O INTENTAMOS E A UNS SAIUNOS MELLOR QUE A OUTROS... PERO O GAÑADOR DA NOSA CLASE FOI IKER!!

AQUÍ VAN UNHAS CANTAS FOTOS DESE DÍA!!

NORABOAAA IKER!!!

 

 

CABAZAS DE MEDO DA AULA DE 5 ANOS

NON QUERIAMOS DEIXAR PASAR A DATA SEN ANTES DAR AS GRAZAS A TÓDALAS FAMILIAS DOS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5 ANOS POLO GRAN TRABALLO QUE FIXERON COS SEUS FILLOS E FILLAS EN RELACIÓN Á DECORACIÓN DAS CABAZAS PARA O CONCURSO!!

DESTA VEZ NON SAIU GAÑADORA NINGUNHA DAS DA NOSA CLASE, PERO IGUALMENTE... FELICIDADES POLO RESULTADO!!!

FOMENTANDO O GALEGO NO GÁNDARA-SOFÁN

PERO NON TODO FOI FESTA E DISFRACES... TAMÉN HOUBO TEMPO PARA O TRABALLO DA IMAXINACIÓN E DISO DAMOS CONTA NESTA ENTRADA DO BLOG!

FIXEMOS DESCRICIÓNS DE MONSTROS, RIMAS E ADIVIÑAS DE MEDO, GARDAMOS OS NOSOS MEDOS NO BUZÓN PAPAMEDOS, AOS MAIORES TOCOULLES FACER RELATOS DE TERROR E TODOS E TODAS PARTICIPAMOS NA DECORACIÓN DO COLEXIO... MIRADE ALGÚNS DETALLES DAS ACTIVIDADES QUE VOS ACABAMOS DE CONTAR!!

SAMAÍN 2014 NO GÁNDARA-SOFÁN

FÍXOSE ESPERAR UN POUCO, PERO POR FIN VOS MOSTRAMOS UNHAS FOTOS MOI ESPECIAIS DO DÍA DO SAMAÍN NO QUE DESFILAMOS, POSAMOS, XOGAMOS E DESFRUTAMOS COMO NUNCA...

MIRADE, MIRADE QUE GUAPOS ESTABAMOS EN TÓDALAS CLASES!!!

3ANOS

 

4 ANOS

 

5 ANOS

 

PRIMEIRO

 

ENTROIDO 5º EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí estamos @s nen@s da clase das Estrrelas disfrazad@s ao longo de toda a semana...

Que ben o pasamos!!!

 

 

 

 

SAMAÍN

DÍA DO SAMAÍN
Decoramos o centro con elementos terroríficos... pero non tivemos nadiña de medo!!!
Disfrazámonos, comemos xelatinas terroríficas...
Pasámolo xenial o día do Samaín!!!

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut