Skip to Content

CABECEIRA

Celebracións

SEMANA DA POESÍA

Celebramos o Día da Poesía cunha semana de lecturas de poemas de diferentes autores galegos e casteláns, tales como Alfredo Brañas, Gloria Fuertes, José de Espronceda, Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Roald Dahl, etc...

 

Musicando o Nadal

Velaquí as nosas fermosas árbores de Nadal con fragmentos das cancións que cantamos no Nadal

 

DEFUNTO DELICIOSO

Seguindo co proceso de creación de poemas, con motivo da celebración do Samaín creamos o noso Defunto Delicioso, un poema moi terrorífico creado por todo o alumnado do Gándara Sofán!!!

 

POEMANDO O OUTONO

Cando chegou o outono, a poesía non se esqueceu desta fermosa estación. Aquí vos deixamos creacións propias do alumnado e poemas de autores consagrados.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017

O 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS COA ACTIVIDADE TITULADA:

A POESÍA É...

 

ESTA ÚLTIMA FOTO FAI REFERENCIA ÁS ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS DA NOSA BIBLIOTECA DO MES DE OUTUBRO.

 

MAGOSTO. CONCURSO DE PEÓNS.

Coa chegada do Magosto, ademais de comer moitas castañas, celebramos novamente o concurso de peóns. O gañador deste ano foi Bruno de 6º de primaria.

 

 Para ver máis imaxes ide á galería.

ENTROIDO

ENTROIDO

O entroido é unha festa moi divertida, este curso ademáis dos mandadiños disfrazámosnos de espantallos, e gracias ás familias, degustamos dunha deliciosa merenda con filloas, rosquillas, orellas, biscoito e incluso en segundo con galletas que tiñan as iniciais dos nomes do alumnado. Gracias a tod@s.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DÍA DA POESÍA

Ao remate do segundo trimestre, decidimos conmemorar no centro o Día Internacional da Muller xunto co Día da Poesía.

Por iso, no Taboleiro da Lingua fixemos unha exposición conxunta adicada a Rosalía de Castro, exemplo galego de ambas conmemoracións!!

 

ENTROIDO 2016

Para recordar e homenaxear a Xosé Neira Vilas, no colexio decidimos basearnos na súa obra: "Memorias dun neno labrego" para celebrar o Entroido 2016.

Todos fomos disfrazados de labregos e labregas seguindo os mandadiños que cada día nos transmitían os nenos/as de 6º de E.P. polas clases. Tamén disfrazabamos ao esquelete "Manolito" como exemplo do que había que traer. 

 

Pasámolo moi ben e aprendemos moito!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut