Skip to Content

CABECEIRA

Complementarias

CUMPREANOS DO MES DE DECEMBRO

INDA FAI POUQUIÑO QUE CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DO MES DE NOVEMBRO, PERO NON QUEREMOS AGARDAR MÁIS PARA CELEBRAR OS DE DECEMBRO, XA QUE O REMATE DO TRIMESTRE ESTÁ PRETO E AS PRÉSAS NON SON BOAS.

OS PROTAGONISTAS FORON XABI E ANTÍA E AMBOS CUMPLIRON 4 ANOS.

MIRADE ALGUNHAS FOTOS DO DÍA!!!

GRAZAS ÁS FAMILIAS POLOS AGASALLOS E POLA COLABORACIÓN!!

 

Roteiro Razo-Baldaio

O concello invitounos a un roteiro desde a praia de Razo á lagoa de Baldaio, aprendemos moito sobre as dunas, a flora e a fauna. Os voluntarios de Senda Nova acompañáronnos todo o camiño dándonos as oportunas explicacións e permitíronnos ver polos prismáticos e un telescopio. Foi unha camiñata moi entretida!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita da asociación Íntegro

A asociación Íntegro visitounos para poder participar nunha serie de actividades,coas cales poder concienciar ao alumnado, da inclusión e da normalización das persoas con diversidade funcional.Foi unha experiencia divertida e moi positiva.

 

 

 

 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

COMO O PROMETIDO É DEUDA, AQUÍ VOS ENSINAMOS ALGUNHAS FOTOGRAFÍAS MÁIS DO DÍA DA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO AO CAMPO DE GOLF DE BALDAIO E DE COMO DISFRUTARON OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL!!

       

        

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO (2013-14)

A PUNTO XA DE REMATAR O PRESENTE CURSO, TODOS OS NENOS E NENAS DO COLEXIO FOMOS DE EXCURSIÓN AO CONCELLO DE BALDAIO. ALÍ ESTIVEMOS NO CLUB DE GOLF DISFRUTANDO E XOGANDO DURANTE TODO O DÍA.

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHA DAS IMAXES DO DÍA PARA QUE POIDADES VER O QUE FIXEMOS E COMO, A PESAR DO CANSOS QUE ESTABAMOS, NOS DIVERTIMOS!!!

 

VISITA AO PLANETARIO E Á CASA DOS PEIXES

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FOMOS XUNTO COS COMPAÑEIR@S DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DE VISITA Á CIDADE DA CORUÑA. ALÍ VIMOS O PLANETARIO E O ACUARIO. ENCANTOUNOS TODO E PESE A QUE VIÑEMOS MOI CANSAD@S, ESTAMOS DESEXANDO REPETIR!!!

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Neste mes de febreiro, fixemos un gran "picnic" con tod@s os compañeir@s e mestres/as do colexio!

Fixémolo aproveitando a actividade que nos propuxo a Consellería do Mar e do Medio Rural (Ponlle as pilas ao teu bocata) dentro do programa "Aliménta-T ben".

Dende entón xa non só comemos bocadillos de fiambre ou chocolates... descubrimos o bos que están os productos das latas de conserva en bocadillos!!!

Foi un día diferente e moi "proveitoso"!!

 

 

.....

......

Distribuir contido


by Dr. Radut