Skip to Content

CABECEIRA

Complementarias

EN 4º TAMÉN SE BEBE LEITE NOS RECREOS

PROXECTO BIBLIOPOEMANDO

PROXECTO BIBLIOPOEMANDO 2018/2019

Comezamos o noso segundo ano co proxecto BiblioPoemando adicado á Poesía. Con el pretendemos potenciar o interese por este xénero literario no noso alumnado. Levaremos a cabo múltiples actividades relacionadas coa temática da poesía, que iremos publicando ao longo do curso e poderedes consultar no blog da Biblioteca. Preparados??? Xa comezamos!!!

COMEZO DUN CURSO SAUDABLE!

Comezamos de novo este curso escolar 2017/18 dando prioridade a unha alimentación equilibrada e a unha vida activa.

Parte do noso alumnado acudíu a un taller nutricinal organizado pola empresa Gadisa na praza do Concello de Carballo. Os nenos puideron comprobar e poñer en práctica os seus coñecementos sobre a pirámide nutricional e a importancia dunha boa alimentación.

 

EXCURSIÓN

O xoves 4 de maio o alumnado de educación infantil, de 1º e de 2º, fomos de excursión ao Ventoso. Disfrutamos das actividades que nos ofreceron coma: facer pan, peitear e alimentar un poni, visitar os animais e poder montar a cabalo. Despois dunha mañán tan divertida, fomos comer a Gabenlle donde poidemos  xogar  no parque. Foi moi divertido!!!

 

 

SAÍDA NO TREN TURÍSTICO POLA AUTOVÍA...

     Cando está a piques de rematar o curso, os nenos/as de Educación Infantil, fomos convidados/as a coñecer de preto un novo vial da comarca... a autovía! E fixémolo montados/as nun tren turístico!!

     Acompañounos a escritora e  enxeñeira María Canosa e mostrounos peculiaridades deste tipo de vías... Inda que nos custou un pouco entender algunha cousiña e o tempo non acompañaba moito, foi interesante ver toda a zona de preto!!

  

 

SAÍDA DE EDUCACIÓN INFANTIL Á "CASA DO QUEIXO"

Chegado o bo tempo, os nenos e nenas de Educación Infantil do Gándara-Sofán fomos de excursión.


Saímos ben preparados/as e con moitas ganas de pasar o día na "Casa do Queixo" en Sobrado dos Monxes.


Alí coñecemos como se trata a lá das ovellas ata poder ser empregada para facer prendas de vestir, visitamos un muíño "encantado", fixemos queixo e puidemos ver diferentes animais de granxa e coñecer as súas principais caraterísticas e peculiaridades!!


Non sen descansar para comer e xogar un pouquiño...!!


Mirade algunhas fotos do que fixemos neste día!!

ROTEIRO ORNITOLÓXICO

Acompañados polos monitores de "Senda Nova", acudimos a Baldaio a facer un roteiro ornitolóxico invitados polo concello. Poidemos observar as aves a través de telescopios, ademais de transmitirnos moita ingormación sobre elas.

 

 

 

 

 

 

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Dentro da actividade relacionada co sabor da aventura está no mar, realizamos unha saída a Muros. Alí coa axuda dunhas monitoras, visitamos o muiño da marea donde realizamos varias actividades, despois invitáronnos a comer un menú  mariñeiro e pola tarde leváronnos á lonxa a ver o peixe e comprobar como se fai unha subasta !!!

 

FROITA NA ESCOLA

Primeira semana da froita dentro do programa "Froita na escola".Durante este curso imos adicar catro semanas ao reparto de froita. A primeira semana foi do 19 ao 23 de xaneiro, e comemos: plátano, mazá, pera, piña e mandarina. Estaba deliciosa!!!!!

 

 

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL FOMOS DE VISITA AO M.A.C. (CORUÑA)

O MÉRCORES, 28 DE XANEIRO, OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL TIVEMOS A SORTE DE PODER VISITAR O MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO DE CORUÑA.

ALÍ, APROVEITANDO A EXPOSICIÓN "Y LA LUZ SE HIZO", PARTICIPAMOS NA ACTIVIDADE DE "CRIATURAS FLUORESCENTES". ERA UNHA ACTIVIDADE DIRIXIDA A NENOS E NENAS DE INFANTIL E 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA NA QUE O FÍO CONDUCTOR ERA A "LUZ ULTRAVIOLETA".

PASÁMOLO MOI BEN VENDO OBRAS FEITAS CON OBXECTOS SOMETIDOS Á LUZ ULTRAVIOLETA, ASISTINDO A UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL DE "TEATRO NEGRO", SENDO NOS MESMOS ARTISTAS CREANDO OBRAS COA LUZ ULTRAVIOLETA, FACENDO PUZZLES MÁXICOS, ETC.

MIRADE ALGUNHAS FOTOS DOS MOITOS MOMENTOS INTERESANTES DESE DÍA!!!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN TANTO COMO A NÓS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut