Skip to Content

CABECEIRA

Saímos na prensa

OS NENOS E NENAS DE 4º GAÑAN A FASE PROVINCIAL DO 33º CONCURSO ESCOLAR DA O.N.C.E.

O alumnado de 4º de primaria estamos de celebración xa que resultamos gañadores da fase provincial do 33º concurso escolar da O.N.C.E.!!!

Foi unha gran noticia posto que puxemos moito cariño e ilusión na elaboración do material proposto. Nesta edición debiamos crear un cartel publicitario para loitar contra o acoso escolar e crear unha audiodescrición do mesmo para que as persoas con discapacidade visual poideran desfrutar do noso traballo.

 

 

Ademais esta semana fomos entrevistados por varios medios de comunicación locais como o xornal La Voz de Galicia ou o programa de RadioVoz Voces de Bergantiños!!

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

O pasado mércores 30 de novembro o alumado de 2º a 6º de Ed. Primaria asistiu á Carreira de Campo a Través do Concello de Carballo celebrada no Campo de As Eiroas.

 Ademais de pasalo xenial demostramos que en Sofán somos uns grandes deportistas!!

Preme nas imaxes para acceder ás noticias on line

JORGE MIRA VISITA O CEIP GÁNDARA SOFÁN

O pasado 22 de Abril, coincidindo coa celebración da nosa "Semana do Libro", recibimos unha ilustre visita: O científico Jorge Mira.

Nesta interesante actividade, incluída tamén no noso proxecto "Xogando a ConcienciArte",  pudimos observar da súa man algúns experimentos e curiosidades da ciencia coas que o pasamos fenomenal e aprendimos moito.


O periódico LA Voz de Galicia recolle a noticia na súa edición impresa e dixital. Premendo na Fotografía podedes acceder á noticia íntegra.

 

CAMPAÑA SOLIDARIA

Coma todos os anos o CEIP Gándara Sofán aproveitou o espírito solidario das datas próximas ao Nadal para aportar o seu gran de area para axudar a aquelas familias que máis o necesitan.

Entre as moitas campañas que iniciamos, unha das que tivo mellor acollida foi a de recollida de xoguetes e alimentos, chegando a recoller arredor de 160 kg de comida e uns 350 xoguetes para que ningún neno/a quedase sen agasallo nestas datas.

Podedes ver a noticia ao completo premendo aqui.

O CEIP GÁNDARA SOFÁN CUMPLE 30 ANOS

O pasado 17 de maio, Día das letras Galegas, foi a data escollida para realizar a gran festa de aniversario do CEIP Gándara Sofán.

A festividade comezou cunha xornada de portas abertas do cole para que xeracións pasadas, presentes e futuras do centro recordasen a súa estancia e palpasen os cambios acometidos nas instalacións.

Acto seguido se realizou unha comida de xuntanza no pavillón do centro á que asistiron alumnos e mestres de diferentes xeracións e da actual ambientadas coa música de "Dúo Festa" e numerosos sorteos.

A organización do evento, a cargo da ANPA Raiante, foi estupenda e conseguiu unha grande participación de diferentes membros da comunidade educativa.

Para ver o artigo de prensa publicado preme aquí.

O CEIP GÁNDARA SOFÁN GAÑA O PRIMEIRO PREMIO NA CAMPAÑA "CARBALLO TAMÉN EN BOTELLA"

Despois de quedares ás portas da victoria o curso pasado, este ano por fin o conseguimos!! Quedamos primeiros na campaña Carballo tamén en botella, de reciclaxe de aceite usado.

O pasado 20 de xuño Mariano Dopico, o noso dire, foi recoller este fabuloso premio en representación de todos os que participamos activamente nesta campaña.

O realmente valioso deste premio é a implicación de toda a comunidade educativa no coidado do noso medioambiente. Demostramos así unha vez máis que en Sofán ademais de boa xente temos un grande espírito ecolóxico!!!

 Para ver máis sobre a noticia preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut