Skip to Content

DÍA DA POESÍA, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, ROSALÍA DE CASTRO

21 DE MARZO - DÍA DA POESÍA

 

Para conmemorar o Día da poesía decidimos, en colaboración co EDLG, darlle un "novo aire" ao Taboleiro da Lingua. Propuxemos a todos os titores que seguiran traballando sobre Rosalía de Castro, aproveitando que xa lle adicaramos o Dia Internacional da Muller (8 de Marzo) e que, recentemente se celebrou o 179 aniversario do seu nacemento.

Unha das obras que máis entusiasmou aos nosos pequenos foi Adiós ríos, adiós fontes!; obra musicada e versionada por tantos artistas que chegou aos nosos alumnos en versión máis clásica grazas a Amancio Prada, versión rock da man de Astarot e incluso, con ritmos latinos de man da orquestra Charleston.

Algúns alumnos/as de Educación Infantil foron polas aulas deleitando aos seus compañeiros/as co recitado dalgunhas das estrofas de tan coñecido poema. Daba gusto escoitalos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut