Skip to Content

PRESENTACION DO LIBRO "ADEUS CHUPETE"

RADIO SOFAN

Vos deixamos o video promocional da nosa

RADIO ESCOLAR SOFAN,

se clicades no enlace o poderedes disfrutar

VIDEO RADIO SOFAN

Clasificación campo a través

A continuación adxuntamos a clasificación da fase Local de campo a través celebrada o pasado venres en Carballo. Parabéns aos clasificados do noso centro! 

Proxectos de prensa e fotografía

Por fin comezamos cos proxectos de prensa e fotografía. Para iso habilitamos un novo espazo dentro da nosa web, no que o propio alumnado irá deixando constancia do seu traballo. Na parte dereita da páxina podedes ver o blog do alumnado "Sofán Dixital" así como o acceso á plataforma "Agueiro", dende a cal, o alumnado de 5º e 6º irá construíndo este novo blog.

Para comezar, tivemos unha sesión introdutoria na que aprendemos como acceder á plataforma, e como subir as imaxes do proxecto de fotografía. Neste enlace, podedes ver de novo o titorial cos pasos a seguir! Tamén está colgado no blog do alumnado. 

 

SAMAÍN 2019

Un ano máis chegou a celebración do Samaín ó CEIP Gándara Sofán!!!

E cada ano supera o anterior. Mirade que marabilla de cabazas e disfraces!!!

Noraboa a Sabela Romero por se a gañadora da cabaza máis orixinal e a Alba Eirín por gañar o premio á cabaza máis terrorífica!!!

Agora admirade esta terrorífica colección de imaxes!!!

DÍA DA BIBLIOTECA 2019

Coma todos os anos conmemoramos o Día da Biblioteca Escolar o pasado 24 de outubro. Para celebralo, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, deleitáronnos cun poema de Rosalía de Castro, coa música de Rosalía (tra, tra), seguindo unha versión da cantautora MJ Pérez, titulada MALAXENTE. 

Unha vez que pinchedes no enlace, poderedes ver o vídeo. Non o perdades, quedou estupendo (tra, tra)!!! E a participación do alumnado de infantil, acompañando e incluso animándose co estribillo está xenial!!!

Así que a desfrutar co MALAXENTE!!!

 

RADIO SOFAN PROGRAMA SOBRE EL CLIMA

AQUI PODEDES VER O PROGRAMA REALIZADO POLOS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA SOBRE AS ACTIVIDADES FEITAS NA SEMANA DO CLIMA

 

PROGRAMA 1

 

ENTRADA NO RECINTO ESCOLAR

Estimadas familias:

Recordamos que os alumnos/as que non asistan ao servizo de Concilia, non poderán ser deixados no centro  ata as 09.40.

Ata esa hora, os portais do centro permanecerán pechados e non poderán entrar automóbiles no recinto escolar.

Grazas pola colaboración.

 

COMEZO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

O vindeiro martes 1 de outubro darán comezo as actividades extraescolares, así como o servizo de biblioteca (de 16.00 a 18.00 horas).

A dirección.

SEMANA DO CLIMA

A vindeira semana celebraremos a “Semana polo clima”, levando a cabo diferentes actividades cada día:

-O luns 23 estaremos un minuto de silencia en prol do noso clima.

-O martes 24 traeremos posta algunha prenda de vestir verde (camiseta, xersei, pano, gorra, etc).

-O mércores 25 visualizaremos un vídeo que nos fará reflexionar sobre a importancia de coidar o noso clima.

-O xoves 26 realizaremos carteis polo coidado do clima.

Distribuir contido


by Dr. Radut