Skip to Content

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E ALIMENTOS

CAMPAÑA SOLIDARIA RECOLLIDA DE ROUPA E ALIMENTOS

 

Estimadas familias:

Como sabedes o 30 de xaneiro Celebramos no centro o Día da Paz con diversas actividades (Carreira Save The Children, canción da Paz e outras), tamén queríamos animarvos a seguir participando nunha recollida de roupa e comida non perecedeira que se fará desde o centro, desde o luns 30 ata o mércores 22 de Febreiro, colaborando  coa Cruz Vermella na recollida de alimentos.

Comunicamos tamén que se hai algunha familia que polas súas circunstancias pase por certas dificultades económicas se poña en contacto co equipo directivo para repartirlle os alimentos recollidos.

Grazas pola vosa colaboración que lembramos, é totalmente voluntaria.

Saúdos.A Dirección

 



page | by Dr. Radut