O APALPADOR VISITOU O NOSO CENTRO

NO TEMPO DO NADAL, O NOSO COLEXIO PREPAROUSE PARA RECIBIR UNHA VISITA BEN ESPECIAL. XA TIÑAMOS GANAS DE QUE UNHA FIGURA TAN ESPECIAL PARA A NOSA TERRA E TAN LIGADA Á NOSA CULTURA E Á NOSA LINGUA NOS VISITARA.

CHEGOU A PÉ DENDE A SERRA DO COUREL E CONTOUNOS EN QUE CONSISTE A SÚA PROFESIÓN DE CARBOEIRO, EXPLICOUNOS EN QUE ÉPOCA ADICA MÁIS TEMPO Á SÚA GRAN AFICIÓN POR FACER OBXECTOS DE MADEIRA E O MOITO QUE LLE GUSTA QUE OS BANDULLOS DOS NENOS E NENAS ESTEAN CHEOS.

PARA PREPARAR A SÚA VISITA, FIXEMOS ENTRE TODOS OS NENOS E NENAS DO COLEXIO UN GRAN CARTEL DE BENVIDA CON MENSAXES EN GALEGO DENTRO DE SACOS COAS NOSAS FOTOGRAFÍAS.

 

E AGORA, MIRADE ALGUNHAS FOTOS DO DÍA DA VISITA NA QUE VIMOS POR PRIMEIRA VEZ DE PRETO AO APALPADOR. XA VOS PODEDES IMAXINAR O BEN QUE O PASAMOS COS SEUS CONTOS E HISTORIAS!!!

 

AGARDAMOS CON MOITA ANSIA A SÚA VISITA ÁS NOSAS CASAS!!!