Blog de 3º Ciclo

OBRADOIRO DO ILUSTRADOR ANXO FARIÑAS

VISÍTANOS ANXO FARIÑA

O mércores 17 de outubro visitounos á clase de 5º e 6º o escritor e ilustrador Anxo Fariña. 

Colleu a un modelo de cada clase ( Shana de 5º e Kevin de 6º) e fíxonos unha mostra de como debuxar.

presentación

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO

Comezamos de novo , pero este ano xa somos dos maiores do cole!

Empezamos  5º de primaria e estreamos nova clase e profe. Este ano a nosa titora é Pili. 

Os de 6º tamén comezamos o curso estreando clase e titora nova, Patricia, que tamén é a profe nova de música.

POEMAS PARA O MAIO 2018

POEMAS PARA O MAIO 2018

Durante toda esta semana os alumnos e alumnas do CEIP Gándara Sofán nos preparamos para a celebración de OS MAIOS e o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Agunhas clases seleccionaron poemas tradicionais sobre o maio, primavera e as fermosas flores que saen neste tempo; mentres que os maiores creamos os nosos propios poemas sobre o tema.

VISITAMOS O ESTADIO DE RAIZOR

VISITAMOS O ESTADIO DE RIAZOR

A clase de 6º EP fomos de visita ao estadio de Riazor en A Coruña. Vimos a historia do Depor, a evolución do Estadio de Riazor e puidemos charlar con dúas futbolistas profesionais. Pasámolo moi ben!! Ademais agasalláronnos cunha entrada para ir ver xogar ao Depor!!!!

 

Se queres saber máis sobre a nosa visita pincha no seguinte enlace:

VISITA AO INNOVA FP GALICIA

VISITAMOS O INNOVA FP GALICIA

As nenas e nenos de 5º e 6º fomos invitados a visitar o innova FP Galicia en Santiago de Compostela. Nel puidemos ver os distintos proxectos que se está a levar a cabo nos diferentes IES de Galicia.