Blog de 3º Ciclo

REPASO FRACCIÓNS

REPASASAMOS AS FRACCIÓNS

 

Déixovos un enlace dun xogo  para poder repasar as fraccións de forma divertida. Só tedes que pinchar na imaxe.

VISTAS AO IES MONTE NEME DA CLASE DE 5º

A CLASE DE 5º VISITA O IES MONTE NEME

 

O pasado martes 4 de decembro tocounos , á clase de 5º, ir de visita ao IES Monte Neme. Alí fixemos diferentes obradoiros: deseño e impresión en 3D, Introducción á robótica e a programación cos MBOTS... ENCANTOUNOS!! 

 Vimos as diferentes impresoras 3D e fixemos os nosos deseños. Imprimimos na impresora láser unha placa para a nosa clase...

 

CHARLA SOGAMA

CHARLA DE SOGAMA

O día  3 de decembro  as clases de 5º e 6º tivemos unha charla sobre a importancia de reducir os nosos refugallos, de reciclar e da reutilización...  levada a cabo por SOGAMA. Ademais agasalláronnos con bolis feitos con material reciclado e dun balón para cada clase. Foi moi interesante!!

 

 

Celebramos o Día Internacional da Diversidade Funcional

O pasado xoves, 29 de novembro, a asociación Aloumiños agasallounos cunha sesión de teatro creativo e musical a cargo da compañía Xarope Tulú. Pasámolo en grande aprendendo sobre inclusión e diversidade.

Ao final, fixemos fotos grupais con algúns dos "personaxes" 

 

ENERXÍA

REPASO TIPOS DE ENERXÍA

 

Repasa  e amplía un pouco máis o que vimos na clase sobre o que é a enerxía e os diferentes tipos que hai. Pincha na imaxe se queres saber algo máis sobre a enerxía. Despois de toda a información hai un xogo para que repases.