Blog de 2º Ciclo

SAÍDA DE 3º E 4º AO MUNCYT

 O martes 12 de febreiro os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria fomos de visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT).

Antes de ir ao museo, estivemos no Monte de San Pedro, aproveitando o bo tempo que nos acompañou, para merendar e xogar un pouco. 

  

  

No museo vimos sen dúbida moitas cousas, aínda que o que máis nos chamou a atención foi o avión e a súa cabina. 

  

  

No MUNCYT, tamén estivemos en "Expo-Activa", onde puxemos a proba a nosa imaxinación con elementos de construción.

  

  

  

  

Ata aquí a nosa visita Á Coruña!!

OS NENOS E NENAS DE 4º GAÑAN A FASE PROVINCIAL DO 33º CONCURSO ESCOLAR DA O.N.C.E.

O alumnado de 4º de primaria estamos de celebración xa que resultamos gañadores da fase provincial do 33º concurso escolar da O.N.C.E.!!!

Foi unha gran noticia posto que puxemos moito cariño e ilusión na elaboración do material proposto. Nesta edición debiamos crear un cartel publicitario para loitar contra o acoso escolar e crear unha audiodescrición do mesmo para que as persoas con discapacidade visual poideran desfrutar do noso traballo.

 

 

Ademais esta semana fomos entrevistados por varios medios de comunicación locais como o xornal La Voz de Galicia ou o programa de RadioVoz Voces de Bergantiños!!

 

(preme na imaxe para acceder á noticia)

 

Pasámolo xenial co concurso e estamos moi orgullosos de que o noso traballo sexa recoñecido. Esperamos poder mover conciencias co noso cartel e por que non, gañar o concurso a nivel autonómico e nacional!!

AdxuntoTamaño
entrevista sofan_0001.flv18.96 MB

Samaín 2016

SAMAÍN 2016

O pasado 28 de outubro o cole de Sofán vestiuse de negro terrorífico para dar a benvida a unha das nosas festas máis divertidas e esperadas: O SAMAÍN!!!

Realizamos moitos xogos nos que as bruxas, arañas e cabazas eran as protagonistas. Pasámolo xenial!!

Ademais desfrutamos un ano máis do tradicional concurso de cabazas. Este curso as categorías participantes eran:

  • A cabaza máis terrorífica
  • A cabaza máis orixinal

Aínda que a cousa andivo reñida, as gañadoras deste ano foron Irene de 5º de primaria e Valeria de 6º de Ed.Infantil.

cabaza máis terrorífica     

 

Para ver estas e outras imaxes das marabillosas cabazas participantes accede á nosa galería de imaxes!!!

DIMINUÍNDO RISCOS NA ESCOLA

Queridos compañeiros e familias:

 

Como sabedes durante este curso realizamos moitas actividades referidas aos sinais de emerxencia, primeiros auxilios, simulacros de evacuación, etc.

 

Unha das actividades elaboradas foi esta prequena presentación explicativa sobre os sinais de emerxencia (preme no arquivo adxunto ou na imaxe  para acceder ao contido)

 

 

 

 

 

 

 

 

Despois desta breve explicación... atrevédesvos a realizar esta actividade???? Pincha aquí. Accede á nosa aula virtual, preme en profe 01 e entra como convidado

AdxuntoTamaño
EMERXENCIA (1).ppt3.81 MB

SAÍDA A XANCEDA E A VISANTOÑA (MESÍA)

Que pena que chovese, foi un día marabilloso!!!!!

O venres, día 6 de maio, fixemos unha saída á Casa grande de Xanceda, onde aprendemos moitas cousas sobre a agricultura e a gandería ecolóxica. Ademáis de darlle de comer ás galiñas, ás ovellas, ás cabras, aos ponis, aos becerros ... cepillamos varios animais, degustamos un rico iogur ecolóxico feito alí, fixemos unha manualidade co vasiño do iogur...

    

    

 

 Despois fomos á Aula da Naturaza de Brañas de Valga de Visantoña. Alí fixemos unhas mariquiñas de barro, ensináronnos como se traballa co torno. Logo visitamos a exposición sobre a arxila e obxectos de barro. Por último, como por fin parara de chover, demos un peqeuno paseo pola lagoa onde observamos diferentes animais que alí habitan.

    

 

Voltamos cansos, pero ledos por pasamolo tan ben!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet