BO NADAL!!!
20 de decembro de 2019
Hoxe, as nenas e nenos de 3º celebramos co resto do alumnado do centro o noso propio Fin de Ano, do que deixamos un vídeo. Tamén rematamos este ano amosando as postais de Nadal coas que participamos no concurso organizado polo Concello de Carballo. Bo Nadal e ata o 2020!
19 de decembro de 2019
Deixamos aquí o vídeo que nos acompañou durante a actuación das nenas e nenos de 3º no Festival de Nadal 2019: "Quérote máis!".
12 de decembro de 2019
Ao longo das dúas últimas semanas, o alumnado de 3º a 6º estivemos a participar en dous obradoiros de experimentos: ovos en vinagre e cromatografías. Se alguén quere repetilos na casa, aquí están os pasos a seguir...
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |