Blog de 2º Ciclo

Probas semanais 3º e 4º

Sabemos que todos estades desexando vervos as caras de novo e por momentos algúns de vós estades aburridos, así que propoñemos esta actividade na que debedes realizar a proba semanal que se vai publicar cada luns. Tedes toda unha semana, así que animádevos a participar!

Para iso, empregaremos esta ferramenta que se chama "padlet". Non vos esquezades de gravar un vídeo ou sacar unha foto facendo cada proba e despois colgalos aquí, onde irán aparecendo todas as vosas aportacións. Só tedes que darlle ao icono de + e xa vos aparecen as opcións para poder subir o que queirades (só as nais/pais poden colgar as fotos ou os vídeos). Se tedes calquera dificultade á hora de facelo, escribídenos ao correo prensasofan@gmail.com.

 

 

Hecho con Padlet

Symbaloo "Queda na casa" (3º)

16 de marzo de 2020

 

Un novo Symbaloo, "Queda na casa", con actividades variadas que poden axudarvos a facer máis levadeiros estes días nas vosas casas. Xogos matemáticos para practicar as unidades de medida de lonxitude, vídeos relacionados co próximo tema a traballar en Ciencias Naturais, novas coreografías para os descansos activos, manualidades primaverais, contos, cociña, cancións...

Anímovos a facer algunhas destas ou outras actividades que vos apetezan e a que enviedes fotos e/ou vídeos explicando que estades a facer para entretervos no tempo de lecer. Lembrade que está dispoñible a conta de correo prensasofan@gmail.com e que debedes especificar no asunto "Para Mariña", por se queredes facerme chegar dúbidas ou calquer documento. Ata moi pronto!

 

O sabor da aventura está no mar

10 de marzo de 2020

 

Hoxe tivemos no noso cole a visita da pandilla de "Os Arroases", que nos descubriron as múltiples vantaxes do consumo equilibrado de produtos do mar. Cada un dos sete nenos e nenas desta pandilla ten o seu peixe ou marisco favorito, do que recibe un súper-poder especial.

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet