Maio 2014

FROITA NA ESCOLA

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL, POR SUPOSTO, TAMÉN PARTICIPAMOS NA SEMANA DE REPARTO DE FROITA NA ESCOLA E... COMEMOS MOITA MÁIS DA QUE AS NOSAS MESTRAS PENSABAN!!!

SOMOS BEN COMEDORES!!!

POR CERTO, CADA MAÑÁ VIÑAN OS PREGOEIROS CUNHA ADIVIÑA PARA QUE NÓS DESCUBRÍSEMOS A FROITA QUE TOCABA ESE DÍA E... RESOLVÉMOLAS TODIÑAS!!!!

VISITA AO PLANETARIO E Á CASA DOS PEIXES

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FOMOS XUNTO COS COMPAÑEIR@S DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DE VISITA Á CIDADE DA CORUÑA. ALÍ VIMOS O PLANETARIO E O ACUARIO. ENCANTOUNOS TODO E PESE A QUE VIÑEMOS MOI CANSAD@S, ESTAMOS DESEXANDO REPETIR!!!

VISITA DA ASOCIACIÓN "ÍNTEGRO"

PARA CONCIENCIARNOS DO IMPORTANTE QUE É FACILITAR A INTEGRACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, E A EXISTENCIA DUNHA ESCOLA INCLUSIVA, VISITOUNOS NO CENTRO UNHA ASOCIACIÓN CHAMADA "ÍNTEGRO".
CON ELES/AS VIMOS UN CONTO DIFERENTE DO "PATIÑO FEO", FIXEMOS UN MURAL E ACTIVIDADES SIMULANDO A AUSENCIA DE VISIÓN.
QUEDAMOS CON GANAS DE MÁIS!!!!

 

OS MAIOS

O DÍA 16 DE MAIO, CELEBRAMOS NO CENTRO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E ADEMAIS OS MAIOS.
MIRADE COMO FOMOS DECORANDO O MAIO POUCO A POUCO ENTRE TOD@S!!

ASÍ O FIXEMOS OS DE 5 ANOS!!

 

OS MAIOS

O DÍA 16 DE MAIO, CELEBRAMOS NO CENTRO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E ADEMAIS OS MAIOS.
MIRADE COMO FOMOS DECORANDO O MAIO POUCO A POUCO ENTRE TOD@S!!

ASÍ O FIXEMOS OS DE 3 ANOS!!

 

OS MAIOS

O DÍA 16 DE MAIO, CELEBRAMOS NO CENTRO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E ADEMAIS OS MAIOS.
MIRADE COMO FOMOS DECORANDO O MAIO POUCO A POUCO ENTRE TOD@S!!

ASÍ O FIXEMOS OS DE 4 ANOS!!!

COMPOSTAXE NO COLEXIO

NO COLEXIO ESTAMOS MOI CONCIENCIADOS COA RECICLAXE DE MOI DIVERSOS OBXECTOS E MATERIAIS... E SEGUINDO NESTA LIÑA, COMEZAMOS AGORA A SEPARAR OS RESTOS DE COMIDA PARA FACER COMPOST NOS NOVOS COMPOSTEIROS SITUADOS NO PATIO DO COLEXIO.

PARA FACELO BEN, PRIMEIRO RECIBIMOS A VISITA DE MARÍA, QUE NOS EXPLICOU COMO SE FAI E QUE VAI VOLVER EN BREVE PARA COMPROBAR QUE O ESTAMOS FACENDO BEN.

AQUÍ VOS ENSINAMOS UNHAS FOTOS DA CHARLA QUE NOS DEU MARÍA E DOS NOSOS PRIMEIROS PASOS DEPOSITANDO NO COMPOSTEIRO OS RESTOS DAS FROITAS QUE MERENDAMOS ESTA SEMANA...

 


LETRAS GALEGAS

 

PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS... TODOS OS NENOS E NENAS DO COLEXIO TRABALLAMOS ACERCA DO AUTOR AO QUE SE LLE ADICAN ESTE ANO:

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

E NESTAS FOTOS PODEMOS VER OS RESULTADOS DOS DIFERENTES TRABALLOS DAS AULAS E AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL ENSINÁNDONOLOS!!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!

 

 

VISITA ÓPTICA

XA REMATANDO AS VISITAS DOS PAIS E NAIS DOS NOSOS NENOS/AS PARA PRESENTARNOS AS SÚAS PROFESIÓNS, VISITOUNOS A NAI DE SABELA DA AULA DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL, QUE É ÓPTICA. 

TRÓUXONOS MOITOS OBXECTOS QUE PROBAMOS E TOCAMOS... AQUÍ VOS VAN UNHAS FOTOS!!

 

ENCANTOUNOS TODO O QUE FIXEMOS E PROBAMOS! GRACIAS POR VIR!

COCIÑANDO CONTOS

 

CONTINUANDO COAS ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO... OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL FOMOS A VER UNHA EXPOSICIÓN BEN CHULA AO PAZO DA CULTURA DE CARBALLO. ADEMAIS VIMOS UNHA OBRA DE TEATRO DA COMPAÑÍA "BAOBAB" QUE NOS ENCANTOU. DA OBRA NON TEMOS FOTOS PERO DO RESTO DA VISITA PODEDES VER AQUÍ UNS CANTOS RECORDOS...

 

RECICLAXE DE PAPEL

Nestas últimas semanas, os nenos e nenas de 3 e 4 anos de Educación Infantil, estivemos facendo papel reciclado. Xa levamos unhas mostras para as nosas casas, pero agora se vos atrevedes, aquí vos deixamos todos os pasos para que o fagamos en familia.

 

Materiais: papel usado, auga, pintura de cor, recipiente, mantel de madeira, panos de tela, rodillo ou similar, espátula ou similar, batedora e purpurina.

 

1.- Recortamos papel e metémolo nun recipiente con auga ata que cubra o papel. Deixámolo repousar un par de días.

 

2.- Batemos ben batida a mestura e botámoslle pintura da cor que queiramos. Deixamos repousar un día.

AS PROFESIÓNS. NATURÓPATA

ESTE TRIMESTRES CONTINUAMOS CO TRABALLO DAS PROFESIÓNS !!

VISITOUNOS UNHA MAMÁ QUE É NATURÓPATA E ENSINOUNOS AS PROPIEDADES DE MOITAS PLANTAS E FLORES, QUE PODEMOS FACER XABRÓNS E ACEITES COS RECURSOS NATURAIS DOS QUE DISPOÑEMOS,  QUE O NOSO CORPO TEN DETERMINADAS ZONAS SENSIBLES E QUE A TRAVÉS DE MASAXES PODEMOS CURAR E MELLORAR CERTAS ENFERMIDADES. OS NENOS DISFRUTARON MOITOOOOO E TODOS APRENDEMOS COUSAS PRECIOSAS!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design