5º de EDUCACIÓN INFANTIL

4 anos

CUMPREANOS DOS MESES DE XUÑO, XULLO E AGOSTO

FELICITACIÓNS DOS SEUS COMPAÑEIROS AOS CUMPREAÑEIROS DO VERÁN DOS MESES DE XUÑO, XULLO E AGOSTO.

 

cartel cumples verano

MATERIAL PARA O PRÓXIMO CURSO DE 5 ANOS. E RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN.

Aqui vós deixamos dous documentos adxuntos, un co material que precisamos para o vindeiro curso 2020/2021, en 5 anos, e outro  con recomendacións para o verán.

 

 

DISFRUTADE E BO VERÁN A TODOS/AS!!!!!!!

BIQUIÑOS!!!!!!!

TAREFAS DO VERNES 19 DE XUÑO

Bos días familias!!!!!Hoxe si,hoxe  xa son as últimas tarefas que vos poñemos deste extraño curso, que nos tocou vivir.

Queremos agradecervos a todos a vosa colaboración, participación e interese.Sabemos que non foi unha experencia sinxela, xa pola súa propia natureza, pero tamén porque vós tocou facer de coprofesores dos vosos fillos,e non é fácil, nunca por moito que nolo propoñamos, é igual que no colexio cos seus profesores e os seus compañeiros. Ademáis moitos de vós tiñades que seguir traballando, teletraballando ou atendendo a outros fillos ou a outros membros da familia que o precisasen; o cal dificultaba esta complicada tarefa.

Pola nosa parte, pedirvos disculpas polos posibles erros que poidésemos cometer; para nós tampouco foi sinxelo adaptarnos a unha nova forma de ensinar dende a distancia,  sin ver día a día onde tiñan máis dificultades e onde iban mellorando para adaptar a nosa práctica docente.Neste sentido, e onde máis agradecemos  o feedback que nos facíades chegar con fotos ou comentarios que  nos facían saber que seguiades ahí ao pé do cañón e que o noso traballo non caía en saco roto.

Cremos que ,a pesar das dificultades, o esforzo mereceu a pena, e que formamos entre todos un gran equipo, polo ben dos nosos nenos e nenas.

E o pilar de ese equipo son eles os nenos e as nenas das clases de 4 anos A e 4 anos B que son os verdadeiros campións desta situación; e que tiveron seguramente altibaixos nos seus comportamentos e nas súas ganas de facer as tarefas. Pero temos que ver todos eses comportamentos como algo normal, xa que a súa vida cambiou dun día para outro, e para eles tampouco foi doado.

DÁDELLES UN MONTÓN DE BICOS DAS SÚAS PROFES ANA E MARÍA.DÁDELLES TODOS ESES ABRAZOS  QUE NON LLES PUIDEMOS DAR DURANTE TODOS ESTES MESES, E QUE TANTO ELES COMO NÓS BOTAMOS DE MENOS.

A última tarefa do curso é descifrar unha mensaxe secreta das súas profes. É importante que unha vez  completen a mensaxe lles axudedes a lelo.(Cómo sempre tedes a tarefa no caderno da aplicación).

E despóis a descansar moito e a xogar e disfrutar!!!!!!!

 Descubre el mensaje

Estade atentos á aplicación do ABALAR MÓVIL, xa que ás 11: 00 publicaránse as notas da 3ª avaliación.

E tamén vós enviaremos o material para o próximo curso.
 

TAREFAS DO XOVES 18 DE XUÑO

 
 Bos días familias!!!!
UUUuuuuyyy!!! mañá remata este curso tan raro.E unha sensación rara é a que nós temos.Por non poder despedirnos como nos gustaría tendo aos nosos nenos diante e dándolles un bico e un abrazo.
Bueno mañá tocará falar diso...ChoraChora
Para hoxe temos 4 tarefas duas de loxicomatemáticas con números ata o dez ( porque tedes que sabelos xa moi ben) E outra de lectoescritura, na que hai que completar palabras, e lelas para unilas co seu debuxo.
E por último unha ficha de atención  e de percepción dous requisitos indespensbles para a aprendizaxe.
 
Aquí so aparecen 3 tarefas porque unha das de loxicomatemáticas so se pode facer no voso cadernillo; dende o cal podemos correxir e deixarvos anotacións. Se non as facedes no caderno, si as facedes desde este enlace só podemos velas .
Saúdos e unha aperta virtual aos nosos nenos e nenas.
Graciñas por seguir con nos estes últimos días.

TAREFAS DO MÉRCORES 17 DE XUÑO

Bos días!!!!! e graciñas por seguir ahí polo ben dos nosos pequenos e pequenas.
Como o prometido é deuda hoxe baixamos a intensidade e tan só imos a poñer 4 tarefas interactivas.
Duas de lectoescritura unha de ler e outra de completar palabras coa sílaba que lles falta(TA,TE,TI,TO,TU). Unha de lóxicomatemáticas para elixir o resultado das sumas e outra dunhas series de elefantes na que a percepción e a atención xogan un papel moi importante para resolver a tarefa.
Que teñades un bo día, e,... de momento seguimonos vendo por aqui, dous diíñas máis.GuiñoBesoBeso

TAREFAS MARTES 16 DE XUÑO

Bos días!!!! Xa todos necesitamos un descansiño deste curso tan extraño e tan intenso, así que un último esforciño para facer estas tarefas tan chulas.
Para hoxe temos, unha ficha de lectoescritura da letra L, unha ficha de conciencia fonolóxica, unha ficha de loxicomatemáticas para pintar cadriños da familia do 10, unha secuencia dun cachiño do conto de Elmer, buscar as diferencias entre dous debuxos e por último unha ficha para relacionar as emocións co monstruo das cores; pero que só se pode facer no cadernillo, da aplicación.
 
Mañá prometemos baixar a intensidade..., e que ás veces emocionámonos e non sabemos pararSorprendidoVergoñaGuiño
Biquiños para os nosos neniños e neniñas.BesoBesoBesoBeso

TAREFAS DO LUNS 15 DE XUÑO

Bos días e boa semana a todos/as!!!!

Comenzamos a derradeira semana do curso para nenos e pais.

E como última  tamén é diferente en canto a tarefas.Esta semana só tarefas interactivas. Xa están as de hoxe nos cadernos dos alumnos/as, así que para comodidade vosa  e nosa podedelas facer dende alí.

Colgaremos aqui os enlaces para que non vos despistedes, pero podedes facelas  nos cadernos para que nós as poidamos ver, corrixir e facer anotacións.

Por certo para poder recibir anotacións tedes que confirmar o  correo electrónico no enlace que vos enviaron.Graciñas.

Na publicación do luns da semana pasada tedes as instruccións e as claves das mestras para poder acceder ao caderno e inscribirvos na aplicación.

Agora si, xa van os enlaces as tarefas de hoxe.

 LEE Y UNE (M) 

CASITA DEL 10 (ARRASTRA)

Cuento La pequeña oruga glotona,

Secuenciación cuento oruga glotona 

La pequeña oruga glotona 

Unir imagén palabra

Qué come l orug glotona cada día 

Como vedes temos unha tarefa de lectoescritura para ler e unir, outra de loxicomatemáticas coa casiña dos amigos do 10 e un conto con tarefas  no que se intercalan tarefas de numeración, compresión e lectoescritura. E

Esperamos que non se fagan pesadas, íamos poñer so 5 tarefas , pero ao poñer o conto aumentamos un pouquiño...VergoñaGuiño  

TAREFAS DO VERNES 12 DE XUÑO

Bos dias!!! por dicir algo, xa que non parece moi bo o día hoxe.

Bueno, e chegou o tan anunciado día das últimas tarefas escritas, xa que a próxima semana  faremos só tarefas interactivas.E iso que estes días de videochamadas individuais algúns nenos ou nenas nos dixeron que lles gustaban facer tamén as escritas,o cal nos enche de satisfacción. Pero de tódolos xeitos pensamos que estes nenos e nenas xa traballaron moito e tócalles xa facer unha desescalada tamén nas tarefas escolares. E pensamos que a mellor forma de facela é con estas tarefas interactivas que tanto lles gustan.

Pero para hoxe aínda temos que rematar coa letra F. E así en lectoescritura  hai que coller o bote da letra da F sacar as palabras e buscarlles ou facerlles un debuxo ou imaxe para ler as palabras e ir emparellando co debuxo. 

Ademáis, para todos os que fixechedes todos os botes de todas as letras imos darvos unha alternativa, que consiste en facer un novo bote para gardar todas as palabras de todas as letras xuntas cos seus debuxos e imaxes. E así cando queirades xogar podedes xogar con todas as palabras e practicar a lectura de todas as letras. E ademáis o xogo ocupará menos espacio. 

E para loxicomatemáticas deixamos unha serie dun gusano.

 E imos deixar algunhas ficha interactivas. Deixamos o enlace pero os que tedes conta na aplicación podedes facela no novo cadernillo que fixemos. 

Podedes facelas ao longo da fin de semana si queredes.

 Suma 10

Mensaje secreto

Ficha de atención  

Ñ: LEE Y ARRASTRA 

Reconocimiento audivo 

Na publicación do luns de esta semana tedes as instruccións para acceder ao caderno e que poidamos correxirvos estas tarefas e deixarvos anotacións.

TAREFAS DO XOVES 11 DE XUÑO

Bos días!!!! estamos chegando ao final, ao final da semana, ao final de curso( tan so queda esta semana e a próxima) e ao final das fichas. 

Hoxe nos tocan as derradeiras fichas da letra F e unha ficha de xeometría para formar as figuras xeométricas unindo puntos. Tratade de que se esforcen en unir os puntos con liñas ben rectas para que a figura saia o mellor posible; e para que así aprendan a dibuxalas ben. Ah! e que cheguen ben co lápiz aos puntos para que choquen as liñas e formen un vértive cerrado.

PASADE UN BO DÍA!!!! E BIQUIÑOS AOS NOSOS PEQUENOS E PEQUENAS.BesoBesoBesoBeso

TAREFAS MÉRCORES 10 DE XUÑO

Bos dias a todos e todas !!!!!!

Esperamos que non se vos esté facendo moi dura esta semana.Xa queda pouquiño para rematar e que poidades descansar, así que un último esforzo que nos quedan 3 días de para rematar a programación de fichas en papel; e para a semana próxima xa serán fichas interactivas.

Hoxe seguimos coa letra F en lectoescritura e en loxicomatemáticas  unha ficha de un cociñeiro ao que se lle queiman os pasteis e tedes que contar cantos fixo, cantos se lle queimaron e averiguar  cantos lle sairon ben.

Ánimo que é moi pouquiño!!!!

Mil millóns de bicos para aos nosos nenos e nenasBesoBesoBesoBesoBesoBesoBesoBesoSeladoSelado.......

Distribuir contido
« Outubro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Dinamización Lingua Galega

       Actividades
       Certame Literario
       Intercentros
       Teatro
       Contacontos
       Letras Galegas

         Biblioteca

       Mascota

       Fotos

       Contos

       Poesías     

        Últimas Adquisicións

        Convivencia

      Datas a destacar

      Coidado dos baños

        Mediadores

        Policias medio ambiente

        Educación Vial