4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

3 anos

PLAN DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN DE 4º DE ED. iNFANTIL

Na vida familiar, a entrada na escola do neno/a representa un momento importante tanto para el/ela como para a súa familia.

Fronte a unha situación de separación é lóxico que existan dúbidas e temores, o problema está en que eses sentimentos teñan tanta forza que a separación sexa traumática. O papel dos pais e nais é fundamental para que isto non suceda, por iso queremos contar coa vosa axuda para levar a cabo este periodo de adpatación.

Normalmente teriamos unha reunión no mes de xuño para explicarvos todo isto, pero este ano por mor da pandemia non poido realizarse. Cando viñéchedes a matricular aos vosos/as fillos/as vos explicamos que este periodo existía.

No calendario escolar publicado pola Xunta con data 9 de xullo de 2020 flexibiliza o periodo de adaptación de Ed. Infantil e o permite ata rematar o mes de setembro por todas as circunstancias extraordinarias que concorren nestes momentos.

Por todo iso o periodo de incorporación á escola será do seguinte xeito:

Hai dúas aulas Grupo A con vinte alumnos/as e grupo B con 21 alumnos/as.

Do día 10 ao 18 de setembro virán en grupos de 7 segundo a orde da lista. O grupo 1 virá de 10:00 a 10:45 h. O grupo 2 virá de 11:15 a 12:00 e o grupo 3 virá de 12:30 a 13:15 h.

Do día 21 ao 25 de setembro virán en dous grupos de 10/11 alumnos/as segundo a orde da lista. O primeiro grupo virá de 10:00 a 11:15 h. e o segundo grupo virá de 12:30 a 13:45 h.

Do 28 ao 30 de setembro virán todos en horario de 10:00 a 13:00.

A partir do 1 de outubro a incorporación será como o resto do alumnado de 9:00 a 14:00 para todos.

 

AVISO DE REUNIÓN PARA PAIS /NAIS DO ALUMNADO DE 4º E 5º DE E. INFANTIL

O vindeiro luns 7 de setembro terá lugar a reunión de principios de curso para os pais/nais do alumnado de nova incorporación de 4º de E. Infantil (3 anos).

O martes 8 de setembro terá lugar a reunión para os pais /nais de 5º de E. Infantil ( 4 anos).

As reunións serán as 16:30 h. para os dous grupos de 4º e os dous grupos de 5º de Ed. Infantil

Debido ao protocolo covid, os pais/nais agardarán a ser chamados polas profesoras fora do recinto escolar. So poderá asistir un membro por cada neno/nena (pai ou nai). Os/as nenos/as non poderán asistir nin estar dentro do recinto.

As reunións serán por separado dos grupos A e B. Unha será no comedor escolar, entrando pola porta exterior do comedor e outra será no ximnasio entrando pola porta principal. Os lugares estarán marcados coas distanzas de seguridade establecidas. Polo noso ben e polo voso, pedímosvos que respetedes o protocolo establecido. Grazas.

ORIENTACIÓNS DE TRABALLO PARA 3 ANOS B DA SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

Estimadas familias

Envíovos as orientacións desta última semana do curso.

Adxúntovos dous anexos  xunto a elas . Fichas de reforzo (Anexo 1) e Bingo (Anexo 2).

Lembrarvos que nesta semana revisedes os vosos correos e aquelas familias que queirades recibir as notas a través delos teredes que comunicarmo para que  poida faceros o envío.

Pasade unha feliz semana

Unha forte aperta

Elena

ORIENTACIÓNS PARA 3 ANOS A PARA A SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

Estimadas familias,

remítovos as orientacións de traballo para esta semana que comeza mañá, a última do curso.

Ademais das orientacións envíovos o anexo de fichas e outro anexo con bingos para xogar en familia.

Espero que vos sirvan de axuda e lembrarvos que podedes enviarme actividades xa que o blog aínda está activo.

Espero que pasedes unha moi boa semana.

Unha forte aperta,

Paula.

ORIENTACIÓNS DE TRABALLO PARA 3 ANOS B DA SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola familias,

Adxúntovos as orientacións para a semana que comeza mañá e tamén tres anexos coas fichas de reforzo (anexo 1) e material complementario para dous das actividades explicadas(anexo 2 e 3)

Espero que vos sexan de axuda para  continuar co traballo. Xa queda moi pouco para rematar o curso.

Pasade unha boa semana

Unha forte aperta

Elena

ORIENTACIÓNS PARA 3 ANOS A PARA A SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola familias,

envíovos as orientacións de traballo para esta semana que entra. Axunto tamén as fichas como cada semana e ademais uns debuxos para realizar unha das actividades, as formas de peixe para outra das actividades e un puzle.

Como sempre, podedes seguir facendo actividades de semanas anteriores e podedes seguir enviando para subir ao blog.

Espero que pasedes unha moi boa semana!

Unha forte aperta,

Paula.

 

ORIENTACIÓNS DE TRABALLO PARA 3 ANOS B DA SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Ola familias

Unha semana mais douvos novas orientacións de traballo. Espero que vos sirvan de axuda para levar adiante as rutinas de traballo escolar cos nenos/as.

Adxúntovos os anexos de fichas de reforzo (ANEXO 1) e outros dous específicos dunha tarefa que vai concretada nas   orientacións (ANEXO 2)

Non esquecedes que  o vindeiro martes día 2  de Xuño está establecida la entrega de materiais dos nenos/as de 3 anos

Revisade a quenda que vos pertenece e si tedes algún problema non dubidedes en comunicarmelo a través do meu correo.

Un saúdo

Elena

 

 

 

ORIENTACIÓNS PARA 3 ANOS A PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Ola familias

unha semana máis envíovos as orientacións para esta semana. Axunto tamén as fichas para traballar esta semana e as plantillas para unha das actividades que se recomendan.

 

Lembrade que o vindeiro martes día 2 podedes vir a recoller o material dos nenos/as seguindo o horario establecido.

 

Mándovos moito ánimo e deséxovos unha boa semana!

Un saludo.

Paula.

ORIENTACIÓNS DE TRABALLO PARA 3 ANOS B DA SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola familias,

Adxúntovos  as orientacións de traballo para esta semana

Tamén,  os anexos complementarios destas orientacións. Son tres  (Fichas de reforzo, Acuarios e puzles)

Lembrade que se algún de vos ten algunha cuestión  ou dúbida para a recollida de material dos nenos/as( aparecen os turnos na páxina principal da web do colexio) podedes comunicarmelo a través do meu correo electrónico. 

Gustosamente intentarei  dar resposta ás vosas preguntas

Correo electrónico: elenagonmel@r.gal

Desexo que pasades unha boa semana por diante

Unha aperta

Elena

 

 

 

 

 

ORIENTACIÓNS PARA 3 ANOS A PARA A SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola familias,

como cada semana envíovos as orientacións a seguir para esta nova semana que comeza mañá.

Tamén adxunto como anexos as fichas de traballo, os acuarios dunha das actividades que se indican e uns puzles de animais.

Lembrade revisar o correo no que vos deixo a lista para a recollida do material.

Sen máis, despídome desexándovos unha boa semana con moito ánimo.

Unha forte aperta, Paula.

Distribuir contido
« Decembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Dinamización Lingua Galega

       Actividades
       Certame Literario
       Intercentros
       Teatro
       Contacontos
       Letras Galegas

         Biblioteca

       Mascota

       Fotos

       Contos

       Poesías     

        Últimas Adquisicións

        Convivencia

      Datas a destacar

      Coidado dos baños

        Mediadores

        Policias medio ambiente

        Educación Vial