2º de Educación Primaria

2º de Educación Primaria

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Ante as diferentes preguntas que formulades, imos intentar aclaralas:

1.-A 2º avaliación, farase de acordo aos controis e traballos máis o traballo e actitude na aula, realizada polos alumn@s ata o 12 de marzo, non se terán en conta os traballos que mandamos durante o estado de alarma xa que son voluntarias e non avaliables, son de repaso do dado neste segundo trimestre.

2.- As notas as recibiredes ben por móbil se descargades a aplicación ABALAR MÓBIL ou ben se nos enviades o voso correo electrónico a cada titora, se enviará en PDF. Estarán o venres 3 de abril despois das 2 da tarde.

3.- As faltas están postas e xustificadas ata o 12 de marzo, despois desa data polo estado de alarma non se poñen.

4.-O comezo do 3º trimestre comezará o 14 de abril, ata entón non se poderá avanzar en contidos das diferentes materias, tal e como explicou inspección educativa.

5.- Co comezo do novo trimestre, estase a xestionar a formación telemática ben por plataforma educativa e por libros dixitais das editoriais seleccionadas para o segundo curso. Xa vos informaremos en canto esté operativa.

6.-Se tedes constancia de que algunha familia, non ten nin correo electrónico nin pode descargar a aplicación móbil, que se poña en contacto no teléfono do centro para poder buscar unha solución.

7.- Os cartos recollidos (5 euros) para a excursión que tiñamos prevista á Lonxa da Coruña, serán devoltos a cada familia á volta do curso escolar..

8.-As actividades propostas para esta semana, podedes ir secuenciándoas en función do horario que xa tiñan, non son para facer todas xuntas un só dia, e se algún día fan menos, o compensan outro día....dadas as circunstancias hai que ter comprensión co que están a vivir, e non por iso van quedar atrás ou perder o curso...a maioría dos contidos deste segundo curso, están dados....na programación xeral programada iamos un pouco adiantados e o máis importante xa está ensinado, así que tranquilidade...

9.-Todas as instrucións que vos transmitimos veñen dadas de inspección educativa....e se vos transmiten no menor tempo posible despois de estar informados nós.

10.-Non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través do correo electrónico se tedes dúbidas, e non vos preocupedes polo que poñen outros cursos ou outros colexios, vos teremos informadas a todas as familias de 2º A e 2º B, con tempo dabondo para que ninguén quede atrás.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración..

 

                           Unha aperta grande...e moito ánimo!!

 

DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Queridas familias,

Dende o Departamento de Orientación queremos informarvos de que tedes á vosa disposición un documento con algunhas pautas e suxestións para traballar cos vosos fillos e fillas, especialmente con aqueles con necesidades específicas de apoio educativo. Podedes atopalo nesta páxina web no apartado de “Orientación”.

Así mesmo, contades con numerosos recursos e orientacións máis específicas para o alumnado que recibe apoio educativo por parte dos especialistas de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe nos apartados correspondentes.

 

Grazas pola vosa colaboración e moito ánimo

Ola de novo!!

Para que vaiades tendo recursos en galego.. que é algo que nos custa un pouco.. aqui vos deixamos algúns... 

Máis contidos..

Ola a tod@s!! Como ides?  Agardo  que máis ou menos ben...tede en conta que xa vai unha semana menos!! así que moito ánimo e forza!!

As  recomendacións para estes días, son que na medida das circunstancias mateñades mais ou menos o horario semanal das clases, aínda que non ten que ser o mesmo tempo...para seguir mantendo rutinas...As tarefas que vos deixamos colgadas así coma recursos son para que vaiades facendo pouco a pouco a medida que vaian pasando os días, non hai que facelas todas xuntas..e tampouco é obrigatorio facelas...trátase de que non esquezades o aprendido e para seguir reforzando aprendizaxes...e aproveitar un pouco o tempo...

Aqui vos deixamos o conto do que esta acontecer estes dias.. do que podedes facer ficha de lectura e debuxo... https://youtu.be/4MDVUDe2Ifs

Se tedes algunha dubida ou consulta, estamos a vosa disposición nos seguintes correos:

 para os alumno@s de Nuria de 2ª B - nuria2primaria@gmail.com e para os alumno@s de   Susana 2º A -  pitufina30@gmail.com

Hoxe vos deixamos colgados recursos de ortografía,  de restas levadas, multiplicacións con unha cifra, algúns retos que podedes intentar facer na casa, actividades para traballar a atención e debuxos para colorear...e o tema 3 de ciencias naturais tedes que rematalo este venres 27.

Un bico grande para tod@s os nos@s alumn@s e as súas familias, agardamos velos axiña...vos botamos de menos!!

Máis recursos....

A peticion vosa, vos deixamos fichas de matemáticas, lingua galega e  lingua castelá... cada dia iremos poñendo máis.. moito ánimo!!

Tarefas para 2º A E 2º B de Primaria

Ola a tod@s! Debido as circunstancias nas que nos atopamos, vos iremos recomendando tarefas que facer na casa para que non esquezan o aprendido..lembrade que é bó facer una rutina de traballo sempre a mesma hora e nun lugar tranquilo.

 Facede os traballos nunha libreta ou en folios para logo gardalos e entregalos.

Ao longo dos días iremos engadindo traballo, estas actividades son para facer diariamente, agás o tema de naturais que é ata o mércores da semana que ven, xa que xoves e venres desta semana non son lectivos.Moito ánimo!!

 

Ciencias naturais; do tema 3, subliñar os cadros pequenos e aprendelos, facer un resumo de todo o tema a modo de esquema, facer as actividades propostas e o "xa aprendín"

Coma experimento do propio tema, podedes colocar unha faba, unha lentella, ...nun bote de iogur, poñerlle enriba unha capa de algodón ou ben algo de terra, auga ata que estee ben  mollado, para que xermine, e vaian observando o que acontece.

Lingua castelá: ler  todos os días20 minutos, e facer un resumo  na ficha tipo que teñen de lectura que teñan na casa ou ben...

Aquí van algúns recursos:

https://www.youtube.com/watch?v=ZKrcJ-syFPs

https://www.youtube.com/watch?v=xtUZE5AGAso

https://www.youtube.com/watch?v=fBBcNiaHVlY

Facer as actividades de lecturas competenciales (os que o teñan).

Escribir todos os días na axenda, a modo de diario, as actividades ou cousas que fagamos na casa.

Lingua galega:

Pedirlles aos maiores que nos digan refráns en galego, aprendelos en retaíla e nos expliquen o seu significado. Aquí tedes recursos de ditos:

https://www.youtube.com/watch?v=AMj7ci9QWG4

Ler contos en galego e facer un resumo na ficha de lectura...

Aquí vos deixo algúns recursos:

https://www.youtube.com/watch?v=CfzEpFwj1_E&t=45s

https://www.youtube.com/watch?v=aHuZ-mP2K4U

https://www.youtube.com/watch?v=KmHgPDZW0h4

Matemáticas:

 Facer  10 sumas e 10  restas levando, repasar as táboas de multiplicar ,(do 1 ao 10) podedes facer competicións a ver quen se equivoca ou quen é o más rápido e o diga ben..e 5  problemas nos que teñan que empregar unha ou varias das operacións anteriores.

Plástica: ensinarlle aos pais/nais como se fan as flores de papel que estaban a facer para o mercadillo ou ben facer unha doada de papel que vos guste.

 

E se queredes bailar e cantar u pouco, vos deixo estes enlaces:

https://www.youtube.com/watch?v=3Im2AZDcKvc

https://www.youtube.com/watch?v=yEhQr_ROsJ0

https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es

https://www.youtube.com/watch?v=05USj9HJHMk

 

 

 

 

 

 

Actividades para 2º A E 2º B de Primaria

Xa están colgados as actividades para estes días...

BLOG DOS MOUCHOS E CURUXAS DE 2ª DE PRIMARIA

Aquí vos deixamos o enlace ao blog de 2º de primaria para este curso 2019-2020

 Enlace ao blog: https://osmouchosecuruxas.blogspot.com/

Distribuir contido

          O Centro
    Datos:
       Datos do centro
       Localización
       Instalacións/dependenc.
       Horarios
       Calendario escolar
   Organigrama:
       Equipo directivo
       Consello Escolar
       Profesorado
       Persoal non docente

        Secretaría

       Información
       Matrículas
       Libros de texto
       Axuda Libros de texto
       Comedor
       Axudas

     Xefatura de Estudos

       Información
       Documentos oficiais

          Áreas - Materias

       C. Natureza - C. Sociais
       Educación Física
       Inglés
       Lingua Castelá
       Lingua Galega
       Matemáticas
       Música
       Plástica
       Relixión

        Infantil

       3 anos
       4 anos
       5 anos
       Inglés EI
       Relixión EI
       Educación Física EI      
       Música EI

« Septembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Dinamización Lingua Galega

       Actividades
       Certame Literario
       Intercentros
       Teatro
       Contacontos
       Letras Galegas

         Biblioteca

       Mascota

       Fotos

       Contos

       Poesías     

        Últimas Adquisicións

        Convivencia

      Datas a destacar

      Coidado dos baños

        Mediadores

        Policias medio ambiente

        Educación Vial