Skip to Content

APERTURA DO PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 21-22

Versión para impresoraVersión PDF

Desde o luns 21 de xuño ata o 30, ambos os dous inclusive, ábrese o prazo de matrícula para o alumnado admitido no proceso de solicitude, tanto para o alumnado que obtivo praza en 4º de E. Infantil como os que a obtiveron en 5º de E. Infantil ou en 3º de E. Primaria.

Vir a matricularse é obrigatorio, xa que de non facelo, perderíase a praza adxudicada.

Para o alumnado de nova incorporación en 4º de E. Infantil terán ademais que cubrir unha enquisa persoal preparada polo profesorado de Infantil e traer catro fotos tamaño carnet con data límite o 30 de xuño. Esa entrevista será entregada no momento de vir  facer a matrícula.

Formalización de matrícula:

-Folla de formalización cumprimentada.(Podedes pedila no centro ou descargala máis abaixo)

-Fotocopia da cartilla de vacinas.

-Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a.

-Certificado médico de non padecer enfermidades infecto-contaxiosas (non ten que ser en papel oficial)

 

Impreso de matrícula (podedes cubrilo e imprimilo na casa para traer ao colexio)



directivo | by Dr. Radut