PLAN DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN DE 4º DE ED. iNFANTIL

Na vida familiar, a entrada na escola do neno/a representa un momento importante tanto para el/ela como para a súa familia.

Fronte a unha situación de separación é lóxico que existan dúbidas e temores, o problema está en que eses sentimentos teñan tanta forza que a separación sexa traumática. O papel dos pais e nais é fundamental para que isto non suceda, por iso queremos contar coa vosa axuda para levar a cabo este periodo de adpatación.

Normalmente teriamos unha reunión no mes de xuño para explicarvos todo isto, pero este ano por mor da pandemia non poido realizarse. Cando viñéchedes a matricular aos vosos/as fillos/as vos explicamos que este periodo existía.

No calendario escolar publicado pola Xunta con data 9 de xullo de 2020 flexibiliza o periodo de adaptación de Ed. Infantil e o permite ata rematar o mes de setembro por todas as circunstancias extraordinarias que concorren nestes momentos.

Por todo iso o periodo de incorporación á escola será do seguinte xeito:

Hai dúas aulas Grupo A con vinte alumnos/as e grupo B con 21 alumnos/as.

Do día 10 ao 18 de setembro virán en grupos de 7 segundo a orde da lista. O grupo 1 virá de 10:00 a 10:45 h. O grupo 2 virá de 11:15 a 12:00 e o grupo 3 virá de 12:30 a 13:15 h.

Do día 21 ao 25 de setembro virán en dous grupos de 10/11 alumnos/as segundo a orde da lista. O primeiro grupo virá de 10:00 a 11:15 h. e o segundo grupo virá de 12:30 a 13:45 h.

Do 28 ao 30 de setembro virán todos en horario de 10:00 a 13:00.

A partir do 1 de outubro a incorporación será como o resto do alumnado de 9:00 a 14:00 para todos.

 

« Xaneiro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Dinamización Lingua Galega

       Actividades
       Certame Literario
       Intercentros
       Teatro
       Contacontos
       Letras Galegas

         Biblioteca

       Mascota

       Fotos

       Contos

       Poesías     

        Últimas Adquisicións

        Convivencia

      Datas a destacar

      Coidado dos baños

        Mediadores

        Policias medio ambiente

        Educación Vial