Estimadas familias:
Mañá xoves ás 18:00 tedes a oportunidade de participar nunha formación con Óscar Páramos centrada no “Uso responsable das redes e da tecnoloxía”.
(Click na foto, abrir arquivo pdf e premer no enlace)
Óscar Páramos é Psicólogo, Máster en Psicoloxía infantil e formador para a mediación coa xuventude no ámbito familiar e escolar. A súa conferencia desenvolverase online, mediante o servizo de videochamada Cisco Webex e poderedes conectarvos dos seguintes modos:
- Accedendo directamente á sala Webex:
Enlace á reunión: https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m8c39759436415b4c3a22236c6b99ad7f
Data: Xoves, 17 feb., 2022 18:00h
Número de reunión: 2734 870 9450
Contrasinal: Z8vHm9MJej8
(Para seguir a actividade dende un ordenador, poden empregar o navegador web, sen necesidade de ter a aplicación de Webex descargada).
- A través dun móbil ou calquera outro dispositivo portátil, deberán ter descargada a aplicación de Cisco Webex Meetings (dispoñible na App Store e en Google Play).
Achégase video-titorial explicativo sobre os pasos a seguir para unirse ás videoconferencias de Webex: https://youtu.be/BUp6_7ZfcDk
Esperamos que sexa do voso interese esta formación e aproveitamos para enviarlles un cordial saúdo,
O equipo directivo