Actividades varias

Actividades varias

OBRADOIRO "CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE"

O venres os nenos e nenas de 2º participamos no obradoiro "Camiña con nós pola igualdade" promovido pola Consellería de Igualdade do Concello de Vigo.

Primeiro escoitamos un conto sobre unha elefantiña que era diferente aos seus compañeiros e por moito que intentara parecerse ao resto, non o conseguía. Pero atopou elefantiños que non lle importaban as diferenzas e foi feliz.Despois xogamos todos xuntos.

Gustounos moito, pasámolo xenial e aprendimos que aínda que todos somos diferentes, todos somos especiais!!

 

FESTA DE NADAL DO 1º CICLO

O 21 de decembro tivemos un día diferente, especial. Xuntámonos todos os compañeiros e compañeiras do 1º ciclo para compartir momentos moi divertidos. Queredes ver como foi? Só tendes que darlle ao play.


O CIRCO DE PULGAS CLAUDIO CARRUSELO

Claudio Carruselo (pai de Candela-6º  e Mateo infantil-3 anos) e as súas pulgas actuaron para os máis cativos do colexio, facendo as ledicias de todos e todas.

circo

O Circo das Pulgas d@s Carruselo –Galiza Pulgas Circus- presenta números circenses orixinais e únicos no mundo das pulgas: Esmeralda, coidadosa pianista e incrible equilibrista, sabe ler!; Breogán, dono das alturas, amante do risco, pulga bala, salta á piscina nun triple mortal; e Mimi, a pulga que interactúa cos nenos, e capaz de xogar ao futbol –cunha pelota do seu tamaño-, e fai equilibrios enriba dunha pelota de tenis de mesa.

As pulgas do espectáculo foron domadas durante un longo período de tempo seguindo a tradición galega dos máis prestixiosos domadores de pulgas polo propio Claudio Carruselo, na que non se emprega ningún tipo de maltrato aos animais.


Aínda que as pulgas non chegan a falar, a sua língua propia, na que gustan escoitar  falar os nenos e nenas, é o galego. (Texto integro en http://www.coordinadoraendl.org/propostas/doc/pulgascircus.pdf)

 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS A SALVA, POLO GUSTO E COIDADO DO TEU ESPECTÁCULO, E A SÚA COLABORADORA ANA!!!

 

Máis información

http://www.coordinadoraendl.org/propostas/doc/pulgascircus.pdf

http://circodepulgas.blogaliza.org/

VISITAMOS AS NOSAS ÁRBORES

Este curso traballamos co  proxecto "O Planeta Bosque" dentro de Un bosque para ler e navegar. Unha das nosas actividades é observar os cambios da árbore que apadriñamos o ano pasado a medida que vaian pasando as estacións. Así que os nenos e nenas de 2º, non o dubidamos e fomos recadar a maior cantidade de información para, posteriormente, plasmala nun folio. Acompañádenos!



         


DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Hoxe, mércores 23 de novembro do 2011 o alumnado de 3º nivel xunto co todo o Profesorado que nos dá clases, a Orientadora (Pili)  e o Equipo Directivo tivemos unha festa para celebrar o Día dos Dereitos dos nenos e nenas e aproveitamos para darlle a benvida a un novo compañeiro.

Cantamos, comemos tarta, fixemos poesía e pasámolo moi ben

 

Vídeo da celebración

 

Powered by Drupal - Design by artinet