Dende Frian, grazas, Malala!
Durante dúas semanas, todo o colexio, organizado polo Equipo de Convivencia, estivo a traballar neste mural colaborativo. Cada aula de primaria fixo unha interpretación libre do busto de Malala; mentres, Educación Infantil, preparou en versión pictograma a súa frase máis famosa:
"Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo"
Malala Yousafzai
Carteis dixitais realizados polo alumnado das aulas abalar (5º e 6º), co gallo do Día da Paz 2015 e tendo coma inspiración a Malala.