Samaín curso 2014-2015
SAMAÍN 2014
· “MURAL COLECTIVO” Conformará unha paisaxe de terror
Os alumnos/as de cada clase colorearán, recortarán e deseñarán o motivo que lles tocou.
· INFANTIL CABAZAS grandes, medianas e pequenas. Unha por alumno/a
· PRIMEIRO ESTRELAS amarelas, brancas e laranxas. Unha por alumno/a
· SEGUNDO ARAÑAS. Unha por alumno/a.
· TERCEIRO 3ºA GATOS, 3ºB PANTASMAS e 3ºC PERSONAXES DE TERROR E MORCEGOS
· CUARTO BRUXAS E ESQUELETOS. Un/-ha por alumno/a
· QUINTO CASAS terroríficas en Plástica e BANDERÍNS para adornar nos corredores e aulas.
· SEXTO BANDERÍNS para decorar o patio.
COLOCARANSE o día 21 de Outubro (martes) a partires da segunda hora no lugar destinado no mural.
OUTRAS ACTIVIDADES DO SAMAÍN
· EXPOSICIÓN E OBRADOIRO DE TALLADO DE CABAZAS” Propoñerase aos alumnos que na súas casas decoren unha cabaza e a traian, para formar parte da exposición diante do mural. Colocaranse o día 28 de Outubro, despois da primeira hora. O día 30 levaranas para as súas casas.
· OUTRAS ACTIVIDADES:
· Lectura de contos (A Casa do Rato Renato, Contos para asustar ao medo, A bruxa Regañadentes …), o Libro dos contos de medo, feito polos alumnos o curso pasado.
· Canción “O Samaín” de Mamá Cabra
· Visionado de DVDs de medo: O lobo e os cabritos, A pota que trota, Fiz o coleccionista de medos…
· Lectura de historias do Samaín, actividades de comprensión
· Elaboración de marcapáxinas, sudokus, crebacabezas, recortables, puzles, sopas de letras, debuxos
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega pon a disposición de todos os compañeiros/as na sala de Mestres unha carpeta con material variado fotocopiable para realizar as actividades tanto de aula coma colectivas
Equipo de Dinamización da Lingua Galega