A nosa biblioteca conta cun blog. Podes visitalo premendo na imaxe
A Biblioteca do noso centro forma parte do extenso conxunto de bibliotecas incluídas no Plan de Mellora de Bibliotecas escolares de Galicia, PLAMBE, desde o curso 2011-12.
Conta con diversas seccións e servizos nun espazo de algo máis de 100 metros cadrados e serve de centro de recursos e espazo de dinamización de actividades que se desenvolven en torno ao Plan Lector do Centro e aos diversos Plans anuais de lectura así como a súa contribución aos distintos Proxectos Documentais Integrados.