Coro no colexio de Fontiñas

Desde o CEIP Fontiñas animamos a toda a xente que na actualidade ou antes de agora formase parte desta Comunidade Educativa (alumnado, pais e nais, profesorado, etc), a xuntarnos en actividade coral para a formación dun coro mixto con sede no propio colexio.

A primeira xuntanza e toma de contacto terá lugar o luns, 9 de xaneiro de 2012 ás 19:00 h, no salón de actos do Centro.

Ánimo a todos e todas e...Afinando desde xa!!

Magosto no cole de Fontiñas!

Como todos os anos, fixemos no cole un magosto. Comemos castañas a fartar! Este curso foi especial xa que quixemos apoiar coa nosa festa á castaña de Galicia como producto de INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA.

Xa están as fotos do evento na Galería de imaxes desta páxina.   l

O SAMAÍN

Para celebrar a tradición do Samaín, ademais dos traballos que faremos na aula, pretendemos levar a cabo unha mostra de cabazas e froitos do outono en xeral. Como en cursos anteriores, poderá visitarse na entrada do centro de educación primaria e infantil.

Aqueles que queirades participar, podedes facer chegar a vosa aportación.

Tamén, como é tradición no noso colexio, celebraremos un magosto o vindeiro 11 de novembro (se o tempo o permite) polo que cada alumno/a traerá unha ducia de castañas xa dentadas.

Lembrade que as clases se reanudarán o mércores 2 de novembro xa que o luns, 31 de outubro deste curso foi declarado pola Consellería de educación como o "día do ensino".

Desfrutade destes días!

Sesión de "brazos caídos"

Mañán martes, día 20 de setembro, o profesorado do noso colexio levará a cabo unha protesta polas recentes medidas tomadas pola consellería de educación. Dita protesta consistirá nunha interrupción do horario lectivo de 30 minutos de duración (de 10:00 a 10:30 h) na que os profesores e profesoras permanecerán de "brazos caídos". 

Un saúdo!

INICIO DO CURSO 2011-12

Benvidos a todos e todas e, xa sabedes, COAS PILAS CARGADAS!

Aquí podedes consultar o CALENDARIO ESCOLAR para este curso 2011-12:

Calendario.

Orde do 24 de maio de 2011.

PARO DA ACTIVIDADE EN REXEITAMENTO Á PRETENSIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

O C.E.IP. Fontiñas  parou a súa actividade na XIII Carreira Pedestre de final de curso como rexeitamento á pretensión da Consellería de Educación de aumentar as horas da xornada lectiva do profesorado, porque de levarse a cabo tal medida repercutiría negativamente na calidade do ensino.

 

 

Celebramos o día das letras galegas

O pasado 16 de maio celebramos no noso colexio o día das nosas letras con xogos, poesía e música. Podedes lembralo visitando a galería de imaxes.

Visitas Musicais

Tamén tivemos a honra de desfrutar de dúas fermosas actuacións musicais.

O día 15 de abril, un grupo de nenas que estudian viola no Conservatorio de Santiago (catro delas son alumnas do noso colexio) nos interpretaron "O soño de Violeta", un precioso conto musicado, xunto cunha profesora e un profesor de dito Conservatorio.

E o día 29, o grupo "Os musicontantes", formado por profesoras e profesores da Escola Municipal de Música de santiago nos presentaron "O último canto", conto musical do ciclo divulgativo "Contos con sons". (Consultade tamén o blog de E. Infantil).

Moitas grazas ás dúas formacións musicais polos bós momentos que nos deixaron e todo o que fan polo fomento da música.

Visitas literarias

 Nestes últimos días recibimos a visita de dúas coñecidas escritoras, María Solar e Teresa González Costa. Dúas polifacéticas mulleres galegas que nos contaron anécdotas sobre as súas vivencias e as súas obras, "O fillo do Pintamonas" e "A filla do ladrón de bicicletas" respectivamente. Os nenos e nenas de 2º Ciclo e 6º desfrutaron coas súas titoras dun agradable momento coas autoras, que lles asinaron as súas obras.

                                 

 

Blog de Educación Infantil do colexio

Aquí podedes atopar o enlace para acceder ao blogue feito polas profesoras de Educación infantil

BLOGUE

Distribuir contido