Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

As Conmemoracións e os seus Valores

30 de XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

No presente mes de xaneiro traballaremos unha nova conmemoración: “Día escolar da Non Violencia e da Paz” (30 de xaneiro).

A pesar dos grandes avances en todas as áreas da vida, vemos como unha e outra vez repítense os mesmos erros. Parece que non somos capaces de convivir en paz. Cada día vemos nos medios de comunicación guerras, asasinatos, atentados... parece que a crueldade da humanidade non ten fin.

Desde a noso “pequeno mundo” queremos aportar unha luz de esperanza, queremos transmitir ao noso alumnado que a convivencia pacífica é posible. Trátase de falar e chegar a acordos, de buscar solucións aos problemas conxuntamente. Non debemos poñer os nosos propios intereses por riba dos intereses comúns. Temos que aprender a dialogar e a controlar as nosas emocións e sentimentos, poñéndonos sempre no lugar do outro. Todos somos iguais e debemos ser tratados do mesmo xeito, con moito respeto e educación, buscando compartir experiencias e medrar xuntos. Pois a vida en compañía disfrútase máis e mellor!

Grazas pola vosa colaboración e participación no noso proxecto educativo!

 

ACTO DO DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O venres 29 de xaneiro tivo lugar o acto central na pista polideportiva cuberta coas seguintes actividades:
1º Explicación da celebración.
2º Xogo: Aros musicais cooperativos: O record quedou establecido en 13 aros.
3º Xogo: Agrupamentos bailando "cuando me siento bien" de Efecto Pasillo.
4º Canción "Bajo el mismo Sol" de Álvaro Soler.
5º Baile colectivo, buscando amigos/as. O Cuchichí.

 

(O xardín donde sementamos a paz e medran as nosas flores solidarias)

 

 

ALIMENTANDO A TÚA SAÚDE

Hoxe visitáronnos no centro Adrián e Bea do noso Concello para darnos unha charla sobre nutrición. Grazas a eles xa sabemos un pouco máis dos nutrientes, da diferenza entre alimentarse ou nutrirse, onde podemos atopar as distintas vitaminas, como é unha dieta equilibrada,...; remataron a exposición co vídeo de "Para estar sanos y fuertes"; e nos deixaron unha sorpresa-premio para cada clase.
Agora que sabemos un pouquiño máis, a comer san!

 

LEMBRANDO A FESTA DO NADAL

O Equipo da Biblioteca realizou a seguinte presentación das actuacións da Festa do Nadal. Esperamos que vos guste.

Pulsa en "Leer Máis" para ver o video.

Día Internacional dos Dereitos Humanos

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO AS TÚAS MANS SON NECESARIAS

Onte 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
No CEIP de Fontes-Baíña reunímonos todos e todas na sala de usos múltiples para realizar unha serie de actividades:

  • Vimos un vídeo sobre os estereotipos.
  • Gardamos un minuto de silencio
  • O alumnado de 6º presentou o Decálogo que fixemos entre todos os cursos.
  • E finalmente, cantamos todos xuntos.

Asemade, todo o alumnado levou para traballar na familia dúas fichas sobre o reparto de tarefas no fogar e orientacións para educar en igualdade.

Aquí tedes o acto en imaxes.

 

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

 O 20 de Novembro conmemórase o Día dos Dereitos da Infancia.

No colexio levamos feitas varias actividades, como ben sabedes, durante o pasado mes.

E hoxe para darlle un toque especial a este día fixemos unha SUPER CARIÑA FELIZ na que participou todo o alumnado do colexio ademais do profesorado para desexarvos a Comunidade Educativa do CEIP de Fontes-Baíña un Feliz Día Universal do Neno e da Nena.

 Aquí tedes a foto dese intre.                                                         

 Asemade, se clicades neste enlace poderedes ver o como se fixo a cariña sorrinte.
 

  Tamén no día de hoxe nos acompañaron Mª Fe, Ángel, José Luis Cadenas e Xulio que nos viñeron a contar mil e unha historias de como empezaron a traballar no colexio alá polo ano 1980, moitas anécdotas e algunha broma que lle gastaron a Mino cando era Xefe de Estudos.

                                                        

 

                                

Ao rematar sacamos unha foto para o recordo. Quen sabe, quizá dentro de outros 30 anos forme parte das lembrazas de alguén.

 

 

 

 

 

Na páxina de UNICEF atopamos máis información sobre esta conmemoración.

E podemos ver unhas curtametraxes de debuxos moi interesantes.

 

A ESCOLA DAS NOSAS FAMILIAS

Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos do neno e da nena, e en especial o dereito ao ensino, viñeron as nais de Samuel e Claudia e contáronnos todas as cousas que cambiaron dende que elas estudiaban nel...  

Pulsa "leer máis" para ver o video.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Seguindo co noso proxecto interdisciplinar "As conmemoracións e os seus valores", ao longo deste mes de novembro traballaremos o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero" (25 de novembro).

Como xa foron informados, pretendemos achegar estar datas ao noso contorno máis próximo e concienciarnos da necesidade de erradicar esta lacra social, que tanto dano causa día tras día, ano tras ano.

Gustariamos contar coa súa participación e colaboración, para que entre a familia e o profesorado podamos contribuír a potenciar comportamentos que permitan a convivencia en igualdade de mulleres e homes, para que as nosas nenas e nenos poidan relacionarse mantendo unha actitude de respecto mutuo.


Grazas e un saúdo


Equipo de Convivencia do CEIP Fontes Baíña

 

 

LEMBRANZAS DA NOSA ESCOLA

Dentro do proxecto anual do centro, no mes de outubro o CEIP Fontes volveu ao pasado coas lembranzas da nosa escola. Pinchade aquí e disfrutade.

 

22 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Durante os días 26, 27, 28 e 29 de outubro fíxose entrega das mochilas viaxeiras a Educación Infantil e a todos os cursos de Educación Primaria, en conmemoración do día 22 de outubro que se celebra o día da Biblioteca Escolar.

Este ano foi unha conmemoración moi especial xa que quixemos homenaxear a Carmen e a Ramón que durante moitos anos deron pulo á Biblioteca do noso cole.

Graciñas aos dous polo voso inmenso labor!

Distribuir contido


by Dr. Radut