Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Avisos

PROCESO SE ADMISIÓN de alumnas e alumnos para o curso 2020-2021

 
 
O prazo para a presentación de solicitudes de admisión
de alumnas e alumnos para o curso 2020-2021
AMPLÍASE
 
ATA 1 SEMANA DESPOIS DO REINICIO DAS CLASES.
 
 
 
 
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú“Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
     
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Estimadas familias:

Comunicamos que o HORARIO establecido para as xornadas de PORTAS ABERTAS do CEIP Fontes Baiña será o seguinte:

  • XOVES 06/02/2020: De 10:30 a 13:00
  • MARTES 11/02/2010: De 17:30 a 18:30
  • VENRES 14/02/2020: De 10:00 a 11:30
  • MARTES 18/02/2020: De 17:30 a 18:30.

Agardámosvos!

Un saúdo,

O equipo directivo.

NOVO HORARIO TRANSPORTE ESCOLAR BAIÑA

Lembramos as familias que a partir de mañá o AUTOBÚS de BAIÑA, sairá da parada do Burgo as 08:35 horas, e voltará as 13.50 h dende o colexio.

Saúdos!

O equipo directivo.

AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS!

Informamos as familas que non é necesario mercar os LIBROS DE INGLÉS. O que sí tedes que mercar é o caderno.

Saúdos!

O equipo directivo.

Listaxe DEFINITIVA de admitidos no fondo solidario de LIBROS DE TEXTO

Xa podedes consultar a Listaxe DEFINITIVA do fondo solidario de LIBROS DE TEXTO para o curso 2019-20.

 

LISTADO LIBROS DE TEXTO 2019-20

Achegamos listado libros de texto para o curso 2019/20.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL 2019-20

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019-20.

Xúntase a Orde do 03 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído).

Enlace ao Diario oficial de Galicia

Enlace a Anexo I e II

 

 

SOLICITUDE ADMISIÓN CURSO 2019-20

Comunicamos que desde o día 1 ata o 20 de marzo ábrese o prazo para a solicitude de admisión de alumnado para o curso 2019-20.

As xornadas de portas abertas serán: os martes 19 e 26 de febreiro de 2019, ás 17:30h.

Anímense e veñan a coñecernos!!!

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E EXCLUIDOS AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Desde o día 05 de xullo  poden consultar a listaxe de admitidos e excluidos nas axudas de libros e material, así como os beneficiarios do fondo de libros, no taboleiro do centro.

Se todo está correcto, pronto estará a listaxe definitiva das axudas e os libros das materias que corresponde ao alumnado do fondo de libros.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL 2018-19

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/2019.

Xúntase a Orde do 09 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).

Orde de 9 de maio de 2018

Anexos I e II: Solicitude

 

Distribuir contido


by Dr. Radut