Para conmemorar o 25N visitounos a recoñecida artista baionesa (Sabarís)
IRENE SILVA
Os/as alumnos/as de 6º de Educación Primaria investigaron sobre a súa vida e obra! defínena como...
Galega! boa persoa, xenerosa, valente, cariñosa, creativa, ilustradora, pintora de mulleres e paisaxes, pintora artística, pintora de mulleres en situacións cotidianas...
Realizou con nós un obradoiro do máis creativo para conmemorar o 25N: Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
Grazas ao CIM de Baiona (ELENA OTERO) e a Concellería de Igualdade por agasallarnos con este obradoiro tan importante e xenial!
As siluetas realizadas de tódolos nenos/as formaron parte dunha exposición na praza do Concello de Baiona.
Agardamos que se visibilice a mensaxe que queremos transmitir:
ANTE A VIOLENCIA NON CALES!
Álbum: Curso 2020-2021 -> OBRADOIRO NON CALES