Skip to Content

Letras Galegas

LETRAS GALEGAS 2021

LETRAS GALEGAS 2021

Hoxe 17 de maio festexamos o Día das Letras Galegas. Este ano a autora homenaxeada é Xela Arias e tódolos nenos e nenas do cole realizaron unha actividade que consistiu en atopar novas palabras na nosa lingua a través dos poemas e textos da autora. Agunhas das palabras que aprendimos foron: REXO, ALUSTRE, FRAGA, PUNTILLÓN, COMPADECIDA e MOZOS.

Ademáis, as nenas e os nenos de 5º de Ed. Primaria realizaron unha presentación de Xela Arias para o alumnado de Infantil.

Bo Dia das Letras a todos e todas!!!

 

 

 

LETRAS GALEGAS "Ferrol 1916"

Letras Galegas "Ferrol 1916"

Déixovos a estrea absoluta de “Ferrol 1916”, unha composición de Miguel Brotóns sobre o poema homónimo de Ricardo Carvalho Calero, interpretada polo pianista Alejo Amoedo Portela e a soprano Patricia Rodríguez Rico. Brotóns quixo transmitir “baixo unha estética musical de corte neoclásico e posromántico con pinceladas de nostalxia, agarimo e tenrura, os recordos pretéritos do paraíso perdido da infancia do poeta vividos na súa cidade natal de Ferrol”

 

LETRAS GALEGAS 2020

LETRAS GALEGAS 2020

O 17 de maio festexamos o día das Letras Galegas, celebración que este ano está adicada a Ricardo Carvalho Calero. Debido á crise do coronavirus, este ano de forma inédita a homenaxe será trasladada ao 31 de outubro.

Dende o centro, poñemos a vosa disposición recursos para que coñezades máis de cerca a este filólogo, escritor e profesor. Animádevos a realizar alguna das actividades propostas que podedes enviar ao seguinte enderezo de correo electrónico:  dinamizacionfontes@gmail.com

 

Ademáis, neste día tan especial para a comunidade educativa as mestras do cole quixemos ler para todos e todas vós o relato “As pitas baixo a choiva” publicado por Ricardo Carvalho Calero na revista arxentina Lar en 1952.  

CLICA NA IMAXE

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut