Skip to Content

Equipo de actividades complementarias e extraescolares

Integrantes curso 2020-2021: 1. Díaz Pérez Azucena 2. Cebreiro Balboa Inés 3. Pérez Pérez Natividad Coordinadora: Abella Fernández Celia

Excursión a MONTEFERRO

Álbum: Curso 2020-2021 -> SAÍDA MONTEFERRO

E N T R O I D O * 2 0 2 1*

Estimadas familas:

Neste entroido non poidemos contar coa voa presenza,tocounos un entroido diferente pero alegre e cheo de hábitos saudables!!!

Grazas á profe de música por amenizarnos a xornada entroideira coa súa coreografía!

Grazas ás mestras/es polo seu traballo incondicional!

Achegamos o álbum coas fotos, o vídeo grupal subirémolo o xoves!

Apertas!

Álbum: Curso 2020-2021 -> ENTROIDO 2021

ENTROIDO: O MECO MANDA...

 

PARA MAÑÁ XOVES,

MULLERES E HOMES

QUE TRABALLAN CONTENTOS

PARA DARNOS ALIMENTOS.

MAÑÁ MÉRCORES

TODOS DEPORTISTAS 

E A CORRER POLAS PISTAS!! 

SEGUE O MEU CONSELLO.

O LUNS, CON OU SEN SOL,

LENTES DEBES TRAER

PARA OS OLLOS PROTEXER.

 

MANDATO PARA O MARTES:

ESTE VIRUS CÓMPRE VENCER;

MAÑÁ UN CIENTÍFICO/A

DEBES PARECER !!!

 

 

MERENDA DE ENTROIDO

Álbum: Sen categoría -> MERENDA ENTROIDO

ENTROIDO 2020

Chegou o E N T R O I D O e foi laborioso! Alumnos, alumnas,  familias e mestres traballamos arreo na elaboración dos traxes: Pantallas de Xinzo~Madamas e Galáns de Cobres~Vergalleiros de Sarreaus~Traxe tradicional Galego~ Camiño de Santiago~Celtas e Santa compaña!

Merendamos coas familias, desfilamos e bailamos ao Ritmo de Carlos Vives, Danzas tradicionais e Muñeira!

Como broche final e acompañados do CPI Cova Terreña despedimos o Entroido coa queima do meco, elaborado con moito esmero: A POLBARÍA ROSALÍA! Adeus Entroidiño!

Álbum: Sen categoría -> Entroido 2020

NADAL 2019-2020

Un ano máis celebramos as festas do Nadal. Coa ilusión de sempre, coa maxia de todos os anos.

Álbum: Curso 2019-2020 -> NADAL 2019-2020

FESTIVAL DE NADAL

As nenas e nenos xunto o claustro de mestres do CEIP Fontes Baiña convidamos a todas as FAMILIAS ó noso Festival de Nadal! que terá lugar o próximo venres día 20 de decembro ás 10:00 horas no salón de actos do colexio.

Agardamos que disfrutedes moito!

 

O Claustro de Mestres e o Equipo Directivo

Deséxanlles...

BOAS FESTAS!

Excursión de convivencia e fin de curso 5º e 6º de Educación Primaria

As alumnas e alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria estiveron 3 días e 2 noites de excursión no camping OS FIEITAS, no Grove.

A experiencia foi moi boa !! Voltaron todos e todas ben, algo afónicos da emoción pero moi felices!

Álbum: Curso 2020-2021 -> Excursión fin de curso 5º-6º ED. PRIMARIA
Distribuir contido


by Dr. Radut