Skip to Content

PFPP

ERASMUS +

Unha das 3 liñas de formación do profesorado do centro é ERASMUS + dentro do PFPP do centro.

A través da creación dun proxecto dase a oportunidade ao profesorado de realizar mobilidades a outros países ou dentro de España para coñecer e observar outros sistemas educativos, metodoloxías de ensinanza, formación en linguas, tecnoloxía, atención á diversidade e ecoloxía para posteriormente implementalas na actividade educativa. 

Trátase dun proxecto elaborado ao longo do curso escolar e de ser aprobado permitirá aos mestres/as que realicen as estadías formarse e implementar os coñecementos e boas prácticas adquiridas no centro co alumnado así como ser unha escola difusora de boas prácticas educativas para outros centros compartindo a súa experiencia neste tipo de proxectos. 

Amais coa dotación por parte do CFR Vigo o centro adquiriu material para traballar nos ámbitos anteriormente mencionados. Aquí deixamos unhas fotos dos materiais mercados.

 

 

 

BIBLIOTECA CREATIVA: MATERIAIS

A través da liña de BIBLIOTECA CREATIVA o CFR (centro de formación e recursos) neste caso o de Vigo, dota os centros que participan nestas formacións cun orzamento económico destinado á adquisición de materiais para traballar sobre o ámbito de formación. 

Aquí deixamos unhas fotiños do material adquirido para a liña de BIBLIOTECA CREATIVA, sobre robótica, SCRATCH, STEAM.

 

BIBLIOTECA CREATIVA

Como ben sabedes neste curso o profesorado do centro está traballando en BIBLIOTECA CREATIVA por medio dunha liña de PFPP (formación do profesorado), amais de recibir formación como contamos nunha entrada anterior tamén traballamos como grupo e de xeito individual desta vez na creación dun material para usar no cole en formato xogo. 

Consiste nun taboleiro feito con unha alfombra de espuma e colocando nel os comandos tal cual un taboleiro de SCRATCH, cada mestre/a participante escolleu unha temática para traballar con el: reciclaxe, esquema corporal, propiedade intelectual, etc.

 

 

BIBLIOTECA CREATIVA: traballo grupal

Amais da formación recibida (6 horas) de xeito presencial, en robótica. os mestres traballamos de xeito cooperativo (6 horas) e individualmente (6 horas)  elaborando novos materiais para o cole en materia de biblioteca creativa e coñecendo actividades e materiais novos que agardamos sexan do gusto da rapazada. 

 

BIBLIOTECA CREATIVA

Como sabedes este curso estamos traballando en Biblioteca Creativa a través dunha liña TIC de formación do profesorado (PFPP).

Aquí deixamos unhas fotos do traballo realizado na segunda sesión de formación con Xurxo Cobelas en Robótica. 

 

 

 

PFPP Liña Emocional: materiais educativos

A través da Liña Emocional do noso PFPP, mercouse, dende o centro educativo, diverso material sobre emocións, relaxación, bibliografía...

Estes materiais están a disposición do alumnado, mestres e familias na biblioteca do noso centro.

 

 

 

PFPP Liña Emocional: Implementación nas aulas

No mes de xaneiro de 2021 contamos ca colaboración do noso formador en Técnicas de Liberación Emocional, Rubén Misa, puidemos durante unha xornada aplicar a técnica nas diferentes aulas das dúas etapas presentes no centro escolar, Infantil e Primaria.

Foi un éxito!!!!

 

 

 

 

Formación profesorado: Liña Emocional (EFT)

Como ben sabedes os mestres do cole por segundo curso consecutivo seguimos formándonos en Técnicas de Liberación Emocional con Rubén Misa. Nos meses de novembro e decembro, durante 4 horas de formación presencial no centro, traballamos coa técnica de EFT co obxectivo de aplicar dita técnica no centro educativo co alumnado e así mellorar entre outras : a xestión e regulación emocional e certas problemáticas propias do día a día dun centro escolar. 

 

 

BIBLIOTECA CREATIVA

Dentro do PFPP (programa de formación do profesorado) deste curso temos dentro da liña TIC : biblioteca creativa.

A temática é iniciación a ROBÓTICA.

Na primeira sesión de formación contamos con Xurxo Cobelas como relator e realizamos un robot con materiais de andar pola casa, puxémoslle luz e incluso cara aos nosos robots.

Aquí deixamos unhas fotos da sesión.

 

CURSO 2020-21

Neste novo curso 2020-21 o profesorado do CEIP Fontes Baiña está formándose en Novas Tecnoloxías a través dunha liña TIC. 

      

         

Distribuir contido


by Dr. Radut