Skip to Content

Equipo Tic

O equipo de TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) no curso 2020-2021 está integrado polos seguiste mestres: 1. Caperán Rodríguez Lorena 2. Casado couto Eva ( Tamara Seoane Gesteiro) 3. López Rodríguez Raquel 4. Rodríguez Cisneros Francisco Javier Coordinadora TIC e Coordinadora E-DIXGAL: Miriam Rodríguez Vázquez

DIPLOMAS

O derradeiro día deste curso entregamos os diplomas de DIGICRAFT polas actividades realizadas polo noso alumnado de 6º, 5º e 2º de Educación Primaria. 

Aquí deixamos unha foto dos alumnos de 6º de Educación Primaria que sen dúbida levarán eses coñecementos a súa vindeira etapa no instituto.

 

DIGICRAFT

De novo no curso 2020-21 participamos no PROGRAMA DIGICRAFT na escola. 

DigiCraft é un programa educativo en colaboración co departamento de innovación da Xunta de Galicia dirixido a rapazada entre 6 e 12 anos de cara a desenvolver neles e nelas o máximo de competencias relacionadas co mundo dixital de xeito natural e con ferramentas tecnolóxicas emerxentes como : robótica, realidade aumentada, videoxogos, intelixencia artificial. 

O profesorado participante  realizou previamente formación en 2 itinerarios para logo implementar as actividades na aula por medio de materiais altamente motivantes (Cubo Mergue, Robots, Códigos QR, placa MAKEY MAKEY, etc).

 

 

 

 

TELOCUENTANLASMATEMÁTICAS

Neste último obradoiro a rapazada de 5º e 6º de Educación Primaria traballou con mapas, distancias, graos, disposición e distribución no mapa, tipos de mapas,etc. Todo isto por medio das TIC e programas como GEOGEBRA. 

Resultou moi interesante e instructivo a hora de traballar estes contidos cos rapaces/as e xerar neles curiosidade polas matemáticas....

FOI UNHA ACTIVIDADE XENIAL!!!!!!!!!!!!.

 

 

TE LO CUENTAN LAS MATEMÁTICAS : los mapas

O terceiro taller de "TE LO CUENTAN LAS MATEMÁTICAS" tratou sobre mapas, escalas, distancias, xiros, medicións, trazados......foi un éxito total e absoluto a rapazada de 5º e 6º de Educación Primaria adquiriu novos coñecementos matemáticos e xeográficos a través dun taller ameno e participativo de 90 minutos de duración.

Os materiais : mapa, folla de rexistro, metro, globo terráqueo, lapis, regra e rotulador.

Alumnado de 6º de Educación Primaria.

 Alumnado de 5º de Educación Primaria.

 

FALAMOS CON BEATRIZ ÁLVAREZ: INVESTIGADORA EN MATEMÁTICAS

A investigadora Beatriz Álvarez falou con nós, os rapaces de 5º e 6º de Primaria a través da canle da UVigo amais de ser a relatora da ponencia "HIPATIA DE ALEJANDRÍA" .

A través da película "AGORA" coñecimos a vida dunha  filósofa e mestra neoplatónica grega. 

A través do chat realizamos retos e puidemos facer preguntas a Beatriz.

 

 

TE LO CUENTAN LAS MATEMÁTICAS

Na segunda sesión de  "TELOCUENTANLASMATEMÁTICAS" os rapaces e rapazas de 5º e 6º de educación primaria construíron unha parabólica....pero....empregando conceptos matemáticos e as cónicas  Deixamos aquí unhas fotiños nas que veredes o xenial que foi esta actividade. 

 

 

 

TE LO CUENTAN LAS MATEMÁTICAS

TE LO CUENTAN LAS MATEMÁTICAS......é un proxecto educativo para estimular as vocacións matemáticas na rapazada, especialmente nas nenas de Educaxión Primaria, concretamente en 5º e 6º de dita etapa.

Deseñado dende MaReMa, o grupo de innovación docente de Materiais e Recursos en Matemáticas da Universidade de Vigo.

O principal obxectivo é fomentar o interese polas mates co fin de xerar vocacións, apoiando a ensinanza da materia dende o punto de vista científico, tecnolóxico, atractivo,innovador e complementario aos currículos. Para a rapazada é fundamental ter referentes e entre outras actividades tamén estan os encontros con investigador@s, visibilizando así a súa profesión.

Amais co programa familias, docentes e nen@s coñecerán a utilidade das mates na sociedade.

 Deixamos o enlace para quen queira saber máis...recomendamos moito, moito que botedes un ollo!!!


http://telocuentanlasmatematicas.webs.uvigo.es

 

 A primeira actividade que realizamos no cole:

Te lo cuentan las cónicas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADE AULA STEAM ITINERANTE

A actividade "Programando o universo" fai un repaso por todos os planetas e as súas principais características. O obradoiro consiste nunha actividade de programación a través de Scratch, ao que engadimos a maiores as tarxetas microbit. Esta actividade foi organizada polo equipo de actividades complementarias e extraescolares do cole a través da Aula STEAM itinerante da area educativa de Afundación.

AS EMOCIÓNS : DIGICRAFT

Realizamos co alumnado de infantil unha actividade sobre AS EMOCIÓNS na cal debían identificar as emocións como paso previo a nunha segunda sesión identificalas coa axuda dunha tablet por medio da INTELIXENCIA ARTIFICIAL.

 

 

ROBÓTICA EN INFANTIL

As tecnoloxías este curso teñen un papel esencial no cole....alumnado e profesorado están a tope en materia TIC

A robótica comeza a formar parte das actividades dos máis peques do centro ....empregaron un ROBOT seguidor de rotulador para traballar o trazo, a motricidade fina e grosa, diferentes percorridos....pasárono xenial!!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut