bibliotecas

 

 

27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O Día Mundial do Teatro foi creado en 1961, aínda que a súa primeira celebración oficial tivo lugar o 27 de marzo do ano seguinte. Desde entón, os centros, os/as profesionais, as organizacións, as universidades teatrais e os/as amantes do teatro quixeron render a súa homenaxe particular a esta preciosa forma de expresión. Ademais, neste día pretenden concienciar aos gobernos e ás institucións do valor que o teatro pode achegar á cidadanía.

Aínda que son moitos os actos que se celebran nesta xornada, mención especial merece a Mensaxe Internacional que se emite cada ano desde unha sede da UNESCO e circula por todos os medios co fin de promover esta arte. Nesta ocasión, a encargada de tal honra é Isabelle Huppert, unha das actrices francesas con máis fama internacional.