bibliotecas

Histórico

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BAIONA

 

O vindeiro mércores 21 de decembro ás 18.00h, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Baiona unha nova sesión de conta contos. Para nenos/as de 3 a 6 anos.

Entrada de balde ata completar aforo.

O Nadal é festa de mais tradición familiar por excelencia, con ese motivo, nesta ocasión o fío condutor dos relatos do noso conta contos é a familia.

Aproveitamos esta ocasión para desexarte un bo nadal e feliz aninovo. Unha perta !!!