bibliotecas

 

 

SIMPLEMENTE CIENCIA

DISPOÑIBLE NA BIBLIOTECA

A través das súas 32 páxinas, os libros mostran todo un mundo de curiosidades que viran ao redor de diferentes temas como a auga, os materiais, a enerxía.... Coas súas ilustracións amenas e divertidas (tamén aparece material fotográfico pero en menor medida), descóbrennos o tema central do libro. Non faltan datos curiosos ou personaxes influintes. O libro termina cunha enquisa sobre os contidos expostos e cun índice de palabras chave.

É unha colección moi interesante, divertida, curiosa e amena para nenos a partir de 6 anos.