DIGICRAFT
De novo no curso 2020-21 participamos no PROGRAMA DIGICRAFT na escola.
DigiCraft é un programa educativo en colaboración co departamento de innovación da Xunta de Galicia dirixido a rapazada entre 6 e 12 anos de cara a desenvolver neles e nelas o máximo de competencias relacionadas co mundo dixital de xeito natural e con ferramentas tecnolóxicas emerxentes como : robótica, realidade aumentada, videoxogos, intelixencia artificial.
O profesorado participante realizou previamente formación en 2 itinerarios para logo implementar as actividades na aula por medio de materiais altamente motivantes (Cubo Mergue, Robots, Códigos QR, placa MAKEY MAKEY, etc).
- 37 lecturas