Skip to Content

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Co gallo do Día mundial do Medio Ambiente a CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE de Baiona acudiu ao noso CEIP para impartir unhas charlas moi didácticas sobre a reciclaxe, co obxectivo de divulgar e dar a coñecer o servizo que o Concello de Baiona ofrece en canto á recollida selectiva.

Grazas ao alcalde de Baiona CARLOS GÓMEZ PRAZO e á concelleira de medio ambiente ROSA MARÍA DOMÍNGUEZ RODA por acudir ao noso CEIP e colaborar nunha labor tan importante e necesaria como é a de concienciar ao alumnado da importancia de coidar a nosa fermosa vila.

As charlas foron impartidas ao alumnado de 5º e 6º de Educación primaria, aos cales se lles fixo entrega dun díptico con toda a información (ADXUNTO). Presentaronse os servizos municipais que os veciños e veciñas de Baiona teñen á súa disposición: recollida na rúa(envases, papel, vidro, roupa e aceites),punto limpo, así como a importancia de separar os residuos, non deixar nada tirado na rúa e chamar á liña 900 para asesorarse ante calquera dúbida ou solicitar a recollida de residuos de gran volume.

No noso CEIP xa contamos con un composteiro, alégranos saber que nun futuro non moi afastado, instalaranse na maioría dos municipios.

 

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> OBRADOIRO RECICLAXE
AdxuntoTamaño
coidemos_baiona.pdf2.51 MB


album | by Dr. Radut