Skip to Content

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2021/2022

Estimadas familias:

O xoves 20 de maio publicouse no DOG a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022. Na seguinte ligazón poden acceder á orde:

 ORDE do 6 de maio de 2021

O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o día 21 de maio ata o 22 de xuño do presente ano. Para as persoas solicitantes que dispoñan de certificado dixital ou Chave365, o 21 de maio activouse a presentación de solicitudes mediante Sede Electrónica. Ligazóns para a tramitación en liña:

 FORMAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Sede Electrónica

Aplicación FondoLibros

Descargar impreso ED330B

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

-IMPRESO DE SOLICITUDE DEBIDAMENTE CUMPRIMENTADO (ANEXOS I e II)

-COPIA COMPLETA DO LIBRO DE FAMILIA. SE ESTE NON REFLICTE A SITUACIÓN A 31/12/19:

  • FOTOCOPIA DA SENTENZA XUDICIAL DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO
  • DOCUMENTO LEGAL QUE ACREDITE A SITUACIÓN CORRESPONDENTE (EN CASO DE NON ENTREGAR ESTA DOCUMENTACIÓN, TERASE EN CONTA A INFORMACIÓN REFLECTIDA NO LIBRO DE FAMILIA)

 O alumnado de 5o e 6o de EP queda excluído do Fondo Solidario de libros de texto por participar no proxecto E-DIXGAL (libro dixital)

Lembramos que as/os alumnas/os de 6º de primaria dispoñen do mesmo prazo e deben realizar a presentación das solicitudes no centro de educación secundaria no que solicitaron a reserva de praza para o vindeiro curso 2021/2022.

AdxuntoTamaño
FORMAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 2021-2022.pdf115.47 KB


page | by Dr. Radut