Skip to Content

TEATRO con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero


O alumnado de 3º de Primaria do CEIP de Fontes-Baíña participou no programa “Achegarse á igualdade” a través do teatro.

O programa, promovido polo Centro Municipal de Informacion á muller e a Concellaría de Igualdade de Xénero é cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

O programa enmárcase nas actividades que se desenvolverán no mes de novembro con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O pasado xoves 13 de novembro representouse “TRISTAN CARA DE CAN” da Compañía Teatral Elefante Elegante que presenta un espectáculo visual dirixido ao público máis novo.

A obra representouse no CEP de Sabarís e acudiu o alumnado dos centros educativos municipais de terceiro curso de educación primaria.

O martes 18 de novembro representarase no CEIP de Belesar “O país dous mandóns” e acudirá o alumnado dos centros educativos municipais de 5 anos de Educación Infantil.

E o martes 25 de novembro no IES Primeiro de Marzo representarase “Tacóns na corda”, dirixida ao alumnado de cuarto da ESO dos centros educativos municipais e alumnado de bacharelato

O teatro convértese nun medio como punto de partida para reflexionar sobre as desigualdades existentes na actualidade.



story | by Dr. Radut