Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Concerto didáctico Conservatorio Vigo

Grazas ao alumnado e profesorado do Conservatorio Superior de Música de Vigo polo marabilloso concerto didáctico ao que asistimos o xoves 29 de febreiro co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Puidemos escoitar entre outras as seguintes obras:

-A vida é bela de Nicola Piovani.

-O reloxo sincopado de Leroy Anderson

-A sinfonía dos xoguetes de Mozart.

-A máquina de escribir de Leroy Anderson

-Orfeo nos infernos "danza" de J. Offenbach

Moitas grazas de novo por facernos desfrutar coa vosa música!!

Álbum: Sen categoría -> concerto didáctico

Está soando...

Admisión de alumnado para o curso 2024-2025

 

CLICA NA IMAXE PARA LER A INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN 

Plantación de árbores da man de Juan, presidente da comunidade de montes

O alumnado de 1.º, 3.º e 5.º de Educación Primaria colaborou coa comunidade de montes coa plantación de 25 castiñeiros en Chan da Lagoa.

O alumnado de 2.º,4.º e 6.º de EP colaborou coa plantación de varias árbores froitais: laranxeira, pereira, maceira, limoeiro e nogueira, nas instalacións do CEIP Fontes Baíña.

Moitas grazas a Juan, presidente da comunidade de montes de Baíña, por agasallar ao colexio coas árbores e financiar o autobús.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Plantacións de árbores

Día de Rosalía de Castro

  Con motivo do Día de Rosalía de Castro que celebramos o 23 de febreiro, interpretamos en versión RAP o seu poema "Cantarte hei, Galicia" de Cantares Gallegos.

Pincha na imaxe para acceder ao vídeo.

 

Xornadas STEAM 2024

O alumnado de 6º de Educación Primaria participa no programa Inspira STEAM.

Este é un proxecto pioneiro para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, baseado en accións de sensibilización e orientación, que imparten mulleres profesionais do mundo da investigación, a ciencia e a tecnoloxía. O corazón do proxecto son as mentoras, que de maneira voluntaria, achegan o seu día a día a nenas e nenos a través de seis sesións de traballo en horario lectivo. Todas elas son científicas e tecnólogas que desenvolven a súa actividade profesional en diferentes ámbitos: académico, empresarial, investigación, xestión etc.

Durante as sesións de traballo trátanse temas como os estereotipos que nos rodean, o traballo ou mulleres e ciencia ao longo da Historia. Con estes encontros entre mentoras,  nenas e nenos quérese axudar a disipar dúbidas e obxeccións sobre as profesións en ciencia e tecnoloxía, a clarificar as súas motivacións e a afianzar a súa autoestima para iniciar o devandito camiño profesional, se así o desexan.

 

No seguinte link podedes ver un vídeo que explica moi ben o proxecto:

https://www.youtube.com/watch?v=sUvCFR4nWRA&t=17s

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> xornadas STEAM

Está soando...

Para o MÉRCORES o MECO manda...

Día Escolar da Paz e da Non Violencia

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia a ritmo da canción "O xogo da carrasquiña".

Pincha na imaxe para acceder ao vídeo

O meco manda...

Distribuir contido


by Dr. Radut