Skip to Content

CALENDARIO 2020.

O CEIP Flavia aposta pola igualdade, por iso agasalla ás familias cun calendario con algunhas das deportistas máis importantes en diferentes ámbitos do deporte. Salientamos tamén, a importancia do mesmo para un hábito de vida saudable e coidado do corpo.

FELICITACIÓN DE NADAL PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

Intercambio de felicitacións dos alumnos/as de 3º A e B

Os alumnos de 3º A e B fixemos felicitacións de nadal e posteriormente intercambiámolas.

 

AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS.

Estimadas familias:

Tal e como se enviou na nota informativa, lembrade que para mañá xoves, desde as 00:00h ata 24:00h, está convocada unha FOLGA do profesorado do ensino público, polo que:

CONCELLO E CENTROS EDUCATIVOS DE PADRÓN, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Concello de Padrón pediunos colaboración para celebrar o día contra a Violencia de  Xénero. Así, que os centros educativos e o  alumnado, colaboramos na decoración de 5 portas violetas e lendo manifestos en contra da violencia. Rematamos deixando  mensaxes e debuxos nelas.

O CEIP FLAVIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

O CEIP Flavia a través desta canción quere pór o seu grao de area en contra da violencia de xénero.  A través do seu título "Que nada apague o teu sorriso outra vez" quere amosar a escuridade na que se atopan as mulleres que día a día sofren calquera tipo de violencia, facendo fincapé na necesidade de ver que todos e todas temos unha responsabilidade fronte a calquer acto de violencia. 

Quedada lectora

O xoves 21 os alumnos/@s de 6º de primaria fixemos unha quedada lectora contando historias dramatizadas aos nosos compañeiros e compañeiras do Ceip Rosalía de C.

PRÓXIMOS ENCONTROS COAS FAMILIAS: HÁBITOS, RUTINAS E LÍMITES.

Como nais e pais sentimos que as veces non contamos coas ferramentas axeitadas para xestionar as rutinas, os hábitos e os límites dos nosos fillos e fillas. Como sabemos que é un tema do voso interese, informamos, que o vindeiro

Visioruña

O pasado mércores 13 de nov. as clases de 5º e 6º viaxaron á Coruña para participar da   Semana  dos museos.

Actividades da semana

  Os alumnos de primeiro, durante a hora de ler, prepararon o conto " A mosca chosca" para representalo ante o alumnado de infantil ao longo da semana.

Distribuir contido


by Dr. Radut