Vivimos en un novo contexto sociocultural definido, entre outras cousas, por ritmo vertixinoso no que aos cambios se refire. As xeracións máis novas terán que asumir que terán múltiples e variados traballos ao longo da súa vida co que, a capacidade de "aprender a aprender", será clave no seu desenvolvemento persoal e profesional.
Neste contexto complexo é primordial dar vía libre ao fluxo de información que, limitado ata agora polos soportes físicos (papel principalmente), está sometida a leis de propiedade intelectual retrógradas e caducas.
As licenzas libres son unha ferramenta que complementa estas leis dando a oportunidade, a quen o considere, de facer un uso moderno da información que circula pola rede.