Lugar de encontro do profesorado participante neste seminario. Actividades de robótica, impresión 3D, apps para tablets, e algo máis...

PFAC do CEIP Juan Fernández Latorre

Vivimos en un novo contexto sociocultural definido, entre outras cousas, por ritmo vertixinoso no que aos cambios se refire. As xeracións máis novas terán que asumir que terán múltiples e variados traballos ao longo da súa vida co que, a capacidade de "aprender a aprender", será clave no seu desenvolvemento persoal e profesional.
Neste contexto complexo é primordial dar vía libre ao fluxo de información que, limitado ata agora polos soportes físicos (papel principalmente), está sometida a leis de propiedade intelectual retrógradas e caducas.
As licenzas libres son unha ferramenta que complementa estas leis dando a oportunidade, a quen o considere, de facer un uso moderno da información que circula pola rede.