Skip to Content

Avaliación de diagnóstico

Avaliación de Diagnóstico 2011

Os vindeiros días 19 e 20 de Maio en todos os centros educativos da comunidade autónoma de Galicia vaise realizar unha avaliación de diagnóstico para os nenos e nenas de 4º de Primaria.

Esta avaliación servirá para saber os coñecementos que teñen adquiridos os alumnos nas linguas (competencia lingüística), matemáticas (competencia matemática) e coñecemento do medio (competencia no coñecemento e interacción co mundo físico). Asimesmo os pais/nais dos nenos debedes cubrir un cuestionario que entregaredes no centro por medio dos vosos fillos como data límite o 27 de maio.

Esta avaliación ten un carácter censual e os datos a nivel individual non se faran públicos senon que seran a nivel de centros e a nivel de comunidade autónoma.

Para máis información poden visitar a Resolución do 3 de Decembro da Consellería de Educación do DOG do 14 de decembro de 2010

Distribuir contido


by Dr. Radut